Campaña da neve 2023
INFORMACIÓN XERAL
- DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2022. Terán preferencia os/as nenos/as que non fosen a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.
- COTA DE INSCRICIÓN E CONTA BANCARIA: 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se indica nos datos de pago, facendo constar o nome do/a neno/a, Concello e "Campaña de neve 2023".
- INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
- TELÉFONOS DE INTERESE:
- BUS 1: tel. 658 431 241 (de cada quenda)
- BUS 2: tel. 617 984 711 (de cada quenda)
- Pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de emerxencias 24 horas para casos urxentes: 686 654 060 (Pablo)
- Pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de información xeral, en horario de luns a venres, dende o 12 de xaneiro ata o 16 de febreiro do 2023, de 9.00h a 13.00h: 981 080 878
Qendas | Concellos |
1ª Quenda: 13 ao 16 de xaneiro do 2023 | Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño. |
2ª Quenda: 20 ao 23 de xaneiro do 2023 | Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas. |
3ª Quenda: 27 ao 30 de xaneiro do 2023 | Boiro, Brión, Dodro, Lousame, Mazaricos, Muros, Negreira, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois. |
4ª Quenda: 3 ao 6 de febreiro do 2023 | A Baña, Ames, Boqueixón, Ordes, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra. |
5ª Quenda: 10 ao 13 de febreiro do 2023 | Abegondo, Aranga, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Cabanas, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar. |
6ª Quenda: 17 ao 20 de febreiro do 2023 | Arteixo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada |
ENTIDADE: ABANCA Corporación Bancaria, S.A.
IBAN: ES64 2080 0040 6830 4002 7034
TITULAR: EMBAJADOR 1992, S.L.
IMPORTANTE: no concepto poñer só "nome e apelidos do/a neno/a, concello e Campaña de neve 2023".
- Gorro
- Guantes.
- Gafas de esquí e de sol.
- Anorak térmico.
- Pantalón impermeable ou similar.
- Roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros).
- Equipamento deportivo (camisetas, pantalóns, calcetíns, chancletas para ducha, chándal e zapatillas de deportes).
- Chuvasqueiro.
- Mochila pequena.
- Útiles de aseo (xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante), toalla de ducha.
- Pixama, roupa interior.
- Crema protectora do sol, factor 25 mínimo.
O aloxamento será na propia Estación de Valgrande-Paxares, en Albergues a pé de pista, en réxime alimenticio de pensión completa, almorzo, comida e cea) dende o xantar do venres ata o xantar do luns (ambos os dous incluídos), polo que todos os gastos están cubertos.
Non é necesario que o neno/a leve cartos (agás que fose desexo dos pais para pequenos gastos: refrescos, auga, etc.). De levalos, deberán ter en conta que a entidade organizadora non se responsabilizará deles.
Se a/o participante estivese en tratamento médico ou padecese algunha alerxia que se teña que ter en conta, deberá presentar informe médico coas pautas do medicamento e deberá cubrir o impreso que está cargado nesta web para poder entregarllo ao/á monitor/a na saída, xunto co medicamento.
A administración de medicamentos realizaraa o persoal sanitario.
Se se presentan casos como febre, dor de cabeza, golpes, caídas, ... que requiran algunha pomada ou medicamento para esta situación concreta, informarase ao/á pai/nai/titor/a legal para a súa autorización.
Está incluído un seguro que dá cobertura a calquera eventualidade que poida producirse durante a viaxe organizada, e que cubre a todos os participantes no programa Neve 2023, inclúe asistencia médica ilimitada en centros concertados e cun tope de 3.000€ en centros alleos, traslado de enfermos e feridos, responsabilidade civil, indemnización por falecemento e invalidez.
En caso de accidente, o persoal sanitario a cargo encargarase de dar a primeira asistencia ao neno/a. En caso de ser necesario, será trasladado a un centro médico. En todo momento o pai/nai/titor/a e a Deputación serán informados tanto do contratempo como da súa evolución.O neno/a estará sempre acompañado dun/dunha monitor/a.
A cobertura do seguro é válida unicamente durante a duración da viaxe.
Por razóns de organización e control, non é posible o cambio do autobús asignado.
A cota de inscrición de 85 € non se reembolsará en ningún caso.
Se por algunha circunstancia algún neno ou nena ten que abandonar a estación, deberá ser comunicado por escrito e coa sinatura do seu pai/nai/titor.
A web irá actualizándose con datos relativos á campaña e con fotos das diferentes actividades.
As nenas e nenos que leven teléfono móbil deben identificalo na parte traseira do terminal cun
adhesivo co seu nome, xa que o monitorado retirarallo cando cheguen á estación.
Establécese o horario de 19:30 a 21:00 horas para que poidan chamar a nenos/as. O
monitorado entregaralles os móbiles para que poidan realizar e recibir chamadas.
Para quen non leve móbil, as nais e os pais terán ao seu dispor os móbiles do monitorado que
se indican deseguido, para poder falar co/a neno/a no horario indicado:
- BUS 1: tel. 658 431 241 (de cada quenda)
- BUS 2: tel. 617 984 711 (de cada quenda)
No caso de chamar a través do móbil do monitorado, solicitamos brevidade.
Teña en conta que por tratarse dunha estación de montaña podería haber deficiencias na
cobertura móbil.
Na viaxe de volta, entregaránselle os móbiles de seu.
Pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de emerxencias 24 horas para casos urxentes:
686 654 060 (Pablo)
Pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de información xeral, en horario de luns a
venres, dende o 12 de xaneiro ata o 16 de febreiro do 2023, de 9.00h a 13.00h: 981 080 878