Estás en:Novas

Curso de informática básica, alfabetización dixital

Dirixido ao público sen coñecementos dixitais que queira iniciarse no manexo do ordenador, smartphone e dispositivos electrónicos.

Curso de informática básica, alfabetización dixital

CONTIDOS: Iniciación á informática, crear a túa conta de correo, aprender a usar dispositivos (smartphone, tableta...), navegar con seguridade por internet, descarga de aplicacións (e-saúde...) e moitas cousas máis.

Día: os luns
Horario: de 11:30 a 13:00 h
PRAZAS. 20
Duración: outono - primavera
Lugar: Sala de formación da biblioteca (1º andar)
Data de comezo: o 17 de outubro


Inscrición

Para inscribirse terán preferencia os socios (presentar o carné da Biblioteca)

O prazo de inscrición comeza o día 10 de outubro ás 10:30 h na Sección Infantil e Xuvenil.

Se quedan prazas dispoñibles seguirá aberto o prazo de matrícula.

Para a inscrición respectarase a orde de chegada.

Resérvanse unhas prazas (5 prazas) para facer a inscrición por teléfono chamando ao 981 08 01 71 a partir das 11:30 h do día 10 de outubro.

Reservarase unha praza por persoa.

Os cursos son totalmente gratuítos.

Para calquera dúbida, chame ao 981 080 171 ou escriba a biblioteca.info@dacoruna.gal.