Estás en:Novas

De Fronte contra a Violencia de Xénero: libros e recursos dixitais na Biblioteca Provincial

DE FRONTE á violencia de xénero é unha campaña e programa de actividades posta en marcha pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que apela directamente á implicación dos concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo, empresarial, familias, etc.

De Fronte contra a Violencia de Xénero: libros e recursos dixitais na Biblioteca Provincial

DeFronte na EbiblioDaCoruna

Este 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e desde a Área de Igualdade da Deputación da Coruña puxeron en marcha DE FRONTE á violencia de xénero, unha campaña e programa de actividades que apela directamente á implicación dos concellos coruñeses, estendendo a chamada á acción a calquera outra entidade da provincia. Esta campaña procura promover a creación dunha rede de administracións locais e entidades sensibles e comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, xerando sinerxías entre elas, coa propia Deputación, e co resto da sociedade.   

A campaña #DeFronte, que organiza a área de Igualdade da Deputación da Coruña ten unha chea de actividades para sensibilizarnos sobre a importancia da loita contra a violencia de xénero.

    • Que sabes de violencias dixitais? Xogo interactivo para alumnado de primaria orientado ás idades correspondentes a 4º, 5º e 6º de primaria. Inclúe unha guía para o profesorado.
    • Ciberquedada co alumnado da ESO na canle de YouTube da Deputación da Coruña: 23 de novembro ás 10.30 h. Pódese seguir directamente en YouTube ou nesta páxina, onde se pode atopar máis información.
    • Acto institucional no IES Puga Ramón da Coruña: 25 de novembro ás 9.45 h.
    • Obradoiro Que sabes de violencias dixitais?: 29 de novembro na Asociación Ambar.
    • Espectáculos Danza e liberdade a cargo do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación

  • Na #ebibliodacoruna tes una selección de recursos sobre o  #25N en contra da violencia de xénero que podes prestar en liña

     Entrar na biblioteca dixital 

  • Na nosa Canle do Youtube podes visualizar o video que creamos o para o 25N:  empregamos a cultura, os libros, para combater a barbarie. Desde a Biblioteca Provincial de A Coruña estamos contra a violencia de xénero e mirámola do único xeito posible: de fronte.

 

     Todos os recursos físicos podes consultalos no catálogo da biblioteca https://dacoruna.gal/biblioteca e os recursos dixitais na biblioteca dixital https://ebibliodacoruna.odilotk.es/

  Todas as actividades da Deputación da Coruña  en https://defronte.gal/actividades/ #25N #defronte Toda a información:  https://defronte.gal