Estás en:Novas

O Plan de Sostibilidade Turística para o Xeoparque Cabo Ortegal inicia as actuacións para a mellora do sector agroalimentario e turístico

O vicepresidente da Deputación de Coruña, Xosé Regueira, presentou onte a concellos e colectivos as medidas que se impulsarán no vindeiros meses

O Plan de Sostibilidade Turística para o Xeoparque Cabo Ortegal inicia as actuacións para a mellora do sector agroalimentario e turístico

O Plan de Sostibillidade Turística Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal liderado pola Deputación de Coruña e financiado con fondos NEXT GENERATION a través do Ministerio de Turismo e Industria inicia as actuacións destinadas á mellora do sector agroalimentario e turístico, que están enfocadas no eido da dixitalización, a formación en sostibilidade, a formación e capacitación para crear un marca territorial dos productos alimentarios e a gastronomía local coa finalidade de fortalecer o tecido económico local para ser máis sostibles e competitivos. ´

O Vicepresidente da Deputación de Coruña, Xosé Regueira, dou conta onte dos avances das actuacións do Plan ante os alcaldes e alcaldesas dos concellos do Xeoparque Cabo Ortegal nun encontro executivo de traballo celebrado na Casa da Xuventude de San Sadurniño e posteriormente nun encontro, na Casa da Cultura da mesma localidade, con produtores, asociacións, empresarios e técnicos locais. Neste último encontro, as empresas consultoras que realizaron os diagnósticos de análise territorial e de necesidades do sector presentaron os resultados dos seus traballos e as propostas que se van desenvolver nos vindeiros meses.

Neste sentido, avanzáronse as actuacións que a Deputación vai desenvolver dentro deste plan e que abarcan formación e asesoramento no eido dixital, promoción do sector agroalimentario e gastronómico do Xeoparque, capacitación das empresas do territorio para acreditación turística, xestión sostible de acordo ás directrices do recoñecemento da UNESCO e a Carta Europea de Turismo Sostible así como a creación dunha marca de calidade e promoción para os produtos do Xeoparque Cabo Ortegal. As ditas actuacións movilizarán máis de 200.000 euros dos que poderán beneficiarse as empresas locais, futuros emprendedores e técnicos/as de turismo e desenvolvemento local.

O Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, apuntou a importancia de aproveitar estes fondos para o desenvolvemento turístico do territorio desde o punto de vista da calidade e da promoción do territorio do Xeoparque como un espazo diferenciado cun relato moi singular. Ademais, avanzou que durante o 2025 se executará a maior parte do Plan no territorio tras esta primeira parte preparatoria.

O Plan contempla tamén intervencións en diferentes espazos do territorio para a creación dunha rede de centros de interpretación do Xeoparque cuxos traballos preliminares foron realizados e están pendentes de validación cos concellos para a súa posterior execución. A finalidade é dispoñer dunha serie de puntos con información atractiva que profundicen no relato do Xeoparque e permitan comprender mellor o territorio ás persoas visitantes.