Convocatoria de subvencións
Dende a aprobación da Lei Orgánica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, da Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes, do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e do Real Decreto- lei 9/2018 de medidas urxentes para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, os concellos recuperaron as competencias en materia de igualdade e asumen a súa responsabilidade como Administracións Públicas na procura da igualdade e na loita contra a violencia de xénero, e comezan a desenvolver políticas públicas propias neste sentido.
Consciente da complexidade, heteroxeneidade e precariedade estrutural que caracteriza a realidade sociolaboral dos servizos de igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero en Galicia, a Deputación da Coruña realizou nos últimos anos, unha diagnose coa detección das necesidades e a elaboración do I Plan de acción de políticas de igualdade na provincia de A Coruña 2019-2023.
Entre as necesidades detectadas atópase a de dotar de persoal técnico especializado que dinamice no territorio as políticas públicas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e traballe a prol da erradicación da violencia de xénero.
A Deputación da Coruña convocou por primeira vez para 2020 e con intención de continuidade, este programa de financiamento, para o desenvolvemento dos obxectivos xerais do I Plan de acción das políticas de Igualdade de xénero na provincia de A Coruña 2019-2023 ( Medida O.E 2.1/2.1.2) co obxecto de definir un marco que sirva para cumprir con tres obxectivos: dun lado, contribuír ao mantemento, creación de emprego e á mellora no recoñecemento do perfil profesional nos postos de traballo de técnico/a ou axente de igualdade xa existentes nos concellos; doutro, fomentar e orientar requisitos, coñecementos formativos, funcións e categorías profesionais para aqueles casos en que os concellos procedan nun futuro á creación de novos postos de traballo, a incorporar nas súas plantillas de persoal ou relación de postos de traballo, procurando a estabilidade laboral destes perfil profesionais, e por último fomentar a dinamización das políticas públicas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no territorio de xeito coordinado e en rede.
Con este fin a Deputación Provincial da Coruña, ten entre os seus obxectivos convocar anualmente esta liña definanciamento dirixida aos concellos de menos de 20.000 habitantes, tomando como referencia para o calculo da partida orzamentaria o persoal financiado e correctamente xustificado do ano inmediatamente anterior, a través das Bases reguladoras anuais do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento de técnicas/os de igualdade de xénero e axentes de igualdade de xénero.
BASES REGULADORAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS PARA O FINANCIAMENTO DE TÉCNICAS/OS DE IGUALDADE DE XÉNERO E AXENTES DE IGUALDADE DE XÉNERO NO ANO 2023 (FOAI/2023)
Datos do programa
- Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección Sección de Servizos Sociais
- Anualidade: 2023
- Denominación: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento de técnicas/os de igualdade de xénero e axentes de igualdade de xénero no ano 2023
- Beneficiarios: Concellos e entidades locais da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
- Programa: FOAI/2023
- Aplicación orzamentaria: 0611/23122/46201
- Importe da convocatoria: 450.000 €.
- Importe do orzamento de gastos: Sen límite
- Importe da subvención que se vai conceder: Máximo 22.000 €
- Importe solicitado: O 100 % do orzamento de gastos subvencionable
- Coeficiente de financiamento: 1
Podes consultar as bases no BOP 4 do 5 de xaneiro de 2023
Prazo de solicitudes: ata o 10 de febreiro de 2023
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O MANTEMENTO EN POLÍTICAS DE XÉNERO NO ANO 2023.
Datos do programa
- Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección Sección de Servizos Sociais
- Anualidade: 2023
- Denominación: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento enpolíticas de xénero no ano 2023
- Beneficiarias: Entidades sen ánimo de lucro con domicilio social na provincia da Coruña ou que desenvolvan a súa actividade na mesma.
- Programa: FOIO0A/2023
- Aplicación orzamentaria: 0611/23122/481
- Importe da convocatoria: 450.000 €. Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria.
- Importe da orzamento de gastos: Mínimo 1.250 €, máximo 100.000 €
- Importe da subvención que se vai conceder: Mínimo 1.000 €, máximo 40.000 €. No caso de solicitar unha peticición para mantemento (FOIO0A) e outra para investimento (FOIO0B) o importe máximo do importe que se concederá conxuntamente é 60.000 €
- Importe solicitado: Do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable
- Coeficiente de financiamento: Do 0,20 ao 0,80
PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES
Poderase solicitar un só código e un só tipo de programa dos enmarcados en cada código.
Códigos:
- EI-1 EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programa formativo ou de sensibilización sobre a creación, consolidación e participación de mulleres nas organizacións e asociacións, así como sobre a importancia de que en igualdade de condicións as mulleres ocupen postos directivos e de responsabilidade, para unha participación máis activa da vida pública.
-Programas e accións de dinamización das mulleres do medio rural para que participen da vida pública e dispoñan de espazos de encontro onde se traballe con perspectiva de xénero.
- EI-2 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Elaboración de plans, diagnoses ou estudos en materia de igualdade ou conciliación (non implementación)
-Elaboración de manuais e guías en materia de igualdade de xénero.
-Programas e servizos de actividades de fomento da igualdade de xénero, orientación sexual e identidade de xénero.
-Programa de actividades de comprensión da maternidade como función social que incidan na necesidade de evitar os efectos negativos sobre os dereitos das mulleres en igualdade de oportunidades
- EI-3 FOMENTO DO EMPREGO EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas formativos de capacitación profesional das mulleres que inclúan itinerarios personalizados e/ou desenvolvan accións de acompañamento e/ou axuda á busca de emprego.
Requisitos:
- -Dirixidos a mulleres con especiais dificultades de inserción laboral ou en situacións marcadas pola desvantaxe social.
- -Duración mínima de 30 horas.
-Programas de fomento do cooperativismo ou autoemprego, dirixido principalmente a mulleres do medio rural, en actividades vinculadas ás potencialidades da contorna, e a procura dun medio rural sustentable.
- EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas e/ou servizos de conciliación.
Requisitos:
- - Dirixido a nenas e nenos de ata 12 anos.
- - Ofrecerase fóra do horario escolar, en horario laboral e durante ou abarcando todos os períodos de vacacións.
- - Contará con persoal especializado para a realización de actividades e atencións.
- - Engadirá expresa e obrigatoriamente no seu contido/programa:
- - O obxectivo de traballar conscientemente a transversalidade da igualdade de xénero.
- - Actividades específicas, dirixidas ao alumnado, do fomento da igualdade de xénero, preferentemente dedicadas á necesidade de que homes e mulleres actúen corresponsablemente nas funcións e tarefas domésticas e dos coidados familiares.
- - Coidarase a selección musical, de ser o caso, non empregando cancións sexistas.
PROGRAMAS LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Códigos:
- EV-1 PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da violencia de xénero en calquera das súas manifestacións, no ámbito comunitario.
-Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual. (6.3.4 PIX)
-Elaboración de manuais e guías en materia de prevención da violencia de xénero.
- EV-2 TRATAMENTO INTEGRAL DAS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e coas súas fillas e fillos e persoas dependentes delas.
-Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual. (6.3.4 PIX)
Podes consultar as bases no BOP 21 do 31 de xaneiro de 2023
Prazo de solicitudes: ata as 14h do 10 de marzo de 2023
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O INVESTIMENTO EN POLÍTICAS DE XÉNERO NO ANO 2023.
Datos do programa
- Unidade xestora: Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección Sección de Servizos Sociais
- Anualidade: 2023
- Denominación: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento en políticas de xénero no ano 2023
- Beneficiarias: Entidades sen ánimo de lucro con domicilio social na provincia da Coruña ou que desenvolvan a súa actividade na mesma.
- Programa: FOIO0A/2023
- Aplicación orzamentaria: 0611/23122/781
- Importe da convocatoria: 400.000 €. Este importe poderá ser obxecto de modificación orzamentaria.
- Importe da orzamento de gastos: Mínimo 750 €, máximo 35.000 €
- Importe da subvención que se vai conceder: ata 28.000 €. No caso de solicitar unha peticición para mantemento (FOIO0A) e outra para investimento (FOIO0B) o importe máximo do importe que se concederá conxuntamente é 60.000 €
- Importe solicitado: Do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable
- Coeficiente de financiamento: Do 0,20 ao 0,80
O obxectivo da convocatoria é apoiar ás entidades sen ánimo de lucro na realización de obras (acondicionamento, mantemento e reparación) e adquisición de equipamento para a mellora de servizos, programas e/ou actividades en materia de igualdade de xénero.
PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES
Poderase solicitar un só código e un só tipo de programa dos enmarcados en cada código.
Códigos:
- EI-1 EMPODERAMENTO E PARTICIPACIÓN SOCIAL
Tipos de proxectos subvencionables:
- Programa formativo ou de sensibilización sobre a creación, consolidación e participación de mulleres nas organizacións e asociacións, así como sobre a importancia de que en igualdade de condicións as mulleres ocupen postos directivos e de responsabilidade, para unha participación máis activa da vida pública.
-Programas e accións de dinamización das mulleres do medio rural para que participen da vida pública e dispoñan de espazos de encontro onde se traballe con perspectiva de xénero.
- EI-2 FOMENTO DA IGUALDADE DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Elaboración de plans, diagnoses ou estudos en materia de igualdade ou conciliación (non implementación)
-Elaboración de manuais e guías en materia de igualdade de xénero.
-Programas e servizos de actividades de fomento da igualdade de xénero, orientación sexual e identidade de xénero.
-Programa de actividades de comprensión da maternidade como función social que incidan na necesidade de evitar os efectos negativos sobre os dereitos das mulleres en igualdade de oportunidades
- EI-3 FOMENTO DO EMPREGO EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas formativos de capacitación profesional das mulleres que inclúan itinerarios personalizados e/ou desenvolvan accións de acompañamento e/ou axuda á busca de emprego.
Requisitos:
-Dirixidos a mulleres con especiais dificultades de inserción laboral ou en situacións marcadas pola desvantaxe social.
- Duración mínima de 30 horas.
- Programas de fomento do cooperativismo ou autoemprego, dirixido principalmente a mulleres do medio rural, en actividades vinculadas ás potencialidades da contorna, e a procura dun medio rural sustentable.
- EI-4 CONCILIACIÓN E RESPONSABILIDADES COMPARTIDAS
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas e/ou servizos de conciliación.
Requisitos:
- Dirixido a nenas e nenos de ata 12 anos.
- Ofrecerase fóra do horario escolar, en horario laboral e durante ou abarcando todos os períodos de vacacións.
- Contará con persoal especializado para a realización de actividades e atencións.
- Engadirá expresa e obrigatoriamente no seu contido/programa:
- O obxectivo de traballar conscientemente a transversalidade da igualdade de xénero.
- Actividades específicas, dirixidas ao alumnado, do fomento da igualdade de xénero, preferentemente dedicadas á necesidade de que homes e mulleres actúen corresponsablemente nas funcións e tarefas domésticas e dos coidados familiares.
- Coidarase a selección musical, de ser o caso, non empregando cancións sexistas.
PROGRAMAS LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Códigos:
- EV-1 PREVENCIÓN, SENSIBILIZACIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da violencia de xénero en calquera das súas manifestacións, no ámbito comunitario.
-Programas e/ou actividades de sensibilización, prevención e identificación da trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual. (6.3.4 PIX)
-Elaboración de manuais e guías en materia de prevención da violencia de xénero.
- EV-2 TRATAMENTO INTEGRAL DAS PERSOAS EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Tipos de proxectos subvencionables:
-Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e coas súas fillas e fillos e persoas dependentes delas.
-Programas de intervención/tratamento integral coas mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual. (6.3.4 PIX)
Serán subvencionables os gastos comprendidos nos conceptos incluídos na táboa de contas que figura deseguido:
206 Aplicacións informáticas
211 Construcións
213 Maquinaria
214 Ferramenta
216 Mobiliario
217 Equipos para procesos de información
219 Outro inmobilizado material
Podes consultar as bases no BOP 21 do 31 de xaneiro de 2023
Prazo de solicitudes: ata as 14h do 10 de marzo de 2023