Mapa das mulleres do mar

A Deputación da Coruña, xunto á Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (ANMUPESCA), presenta o mapa das mulleres do mar da provincia da Coruña. O sector pesqueiro e as industrias auxiliares teñen unha gran importancia a nivel económico e social no territorio. Este mapa permite dimensionar a presenza das mulleres nos distintos sectores produtivos, e visibilizar o seu papel imprescindible na cadea de valor da pesca.
Os datos recollidos no mapa fan referencia ao ano 2023, e preséntanse en capas seleccionables: mulleres no sector primario, mulleres na industria da transformación, e mulleres na comercialización dos produtos pesqueiros. Así mesmo, inclúese unha capa relativa ás redeiras, e outra capa relativa ás asociacións das mulleres do mar.
Así mesmo, a información compleméntase con datos relativos ao sector pesqueiro no territorio, e fotografías realizadas durante o traballo de campo que visibilizan ás mulleres desenvolvendo diversas actividades profesionais: mariscadoras a pé e a flote, percebeiras, redeiras, bateeiras, mariñeiras, peixeiras, lonxeiras, ou mulleres na industria da conserva.

A información analizada abarca a máis de 6.000 mulleres na cadea de valor da pesca, cun predominio importante da industria conserveira, que ocupa a 3.205 traballadoras. Xunto ao marisqueo a pé (809 mulleres), ás peixeiras (445 mulleres), e á reparación de redes de pesca (197 mulleres), forman colectivos profesionais do mar altamente feminizados.
Por contra, o sector pesqueiro conta con profesións masculinizadas, onde as mulleres están presentes, pero en menor proporción que os homes. É o caso do comercio maiorista de produtos pesqueiros (623 mulleres), mariscadoras a flote (323 mulleres), percebeiras (41 mulleres) e mariñeiras (131 mulleres).
Pode consultarse a metodoloxía do proxecto e a información detallada premendo neste enlace.

As redeiras Mariscadoras a pé

Peixeiras.jpgConserveiras.jpg

Percebeiras.jpg