Estás en:Deporte Campaña de inverno 2020

Campaña de inverno 2020

Campaña de inverno para rapaces/zas empadroados nun concello da provincia de A Coruña, de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2020). Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademáis dos cursiños de esquí.

Cota de inscrición e conta bancaria:

A cota de inscrición é de 85€ (oitenta e cinco euros), que deberán ingresarse na seguinte conta bancaria:

  1. BENEFICIARIO/ENTIDADE ADXUDICATARIA: NAUTALIA VIAJES, S.L.
  2. Entidade bancaria: ABANCA
  3. Nº de conta bancaria: ES30 2080 5490 6430 4014 5379
  4. É imprescible facer constar no concepto do ingreso os seguintes datos:
    1. Campaña de inverno 2020.
    2. Nome e apelidos do neno/a participante.
    3. Concello.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Información xeral e datos de interese

Quenda

Datas

Concellos

24/01 ao 27/01

Boiro, Brión, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dodro, Dumbría, Fisterra, Lousame, Muros, Muxía, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Vimianzo, Zas

31/01 ao 03/02

Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Cerceda, Frades, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Rois, Santiago de Compostela, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra

07/02 ao 10/02

Arteixo, Cabana de Bergantiños, Cambre, Carballo, Carral, Coristanco, Culleredo, Laxe, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Oleiros, Ponteceso, Santa Comba

14/02 ao 17/02

Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, A Coruña, Ferrol, Mañón, Moeche, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño

21/02 ao 24/02

Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Cabanas, A Capela, Coirós, Curtis, Fene, Irixoa, Melide, Miño, Mugardos, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, As Pontes, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior, Vilasantar

Estableceranse puntos e horarios de recollida que serán indicados nesta mesma web para cada quenda. O autocar estará identificado co logotipo da Deputación da Coruña.
O regreso será no mesmo lugar que a recollida. Saímos da estación o luns despois do xantar.

O aloxamento será no Albergue Bibei, na propia Estación de Manzaneda, en réxime alimenticio de pensión completa, (almorzo, comida e cea) dende o xantar do venres ata o xantar do luns (ambos os dous incluídos), polo que todos os gastos están cubertos.

Non é necesario que o neno/a leve cartos (agás que fose desexo dos pais para pequenos gastos: refrescos, auga, etc.). De levalos, deberán ter en conta que a entidade organizadora non se responsabilizará deles.

  • Guantes
  • Gorro
  • Gafas de esquí e de sol
  • Anorak térmico
  • Pantalón impermeable ou similar
  • Pixama e zapatillas e roupa interior
  • Roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros)
  • Equipamento deportivo: camisetas, pantalóns, calcetíns, chancletas de ducha, chándal e zapatillas de deporte
  • Útiles de aseo: xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante, crema protectora de labios...
  • Crema protectora de sol, factor 15 mínimo
  • Chuvasqueiro
  • Mochila pequena
  • Traxe de baño, toalla, gorro, chancletas e gafas para piscina

O material específico da actividade de esquí entregaráselle a cada participante na estación.

Se a/o participante estivese en tratamento médico ou padecese algunha alerxia que se teña que ter en conta, deberá presentar informe médico coas pautas do medicamento e deberá cubrir o impreso que está cargado nesta web para poder entregarllo ao/á monitor/a na saída, xunto co medicamento:
A administración de medicamentos realizaraa o persoal sanitario. Se se presentan casos como febre, dor de cabeza, golpes, caídas, ... que requiran algunha pomada ou medicamento para esta situación concreta, informarase ao/á pai/nai/titor/a legal para a súa autorización.

O programa diario será o seguinte (programa tipo e horario orientador que poderá variar en función das condicións climatolóxicas ou do desenvolvemento das actividades):

  • Almorzo ás 08:30 h.
  • De 10.00 h a 13.00 h, esquí ou actividades deportivas e de tempo libre.
  • 13:45 h xantar.
  • De 14:45 ás 19.00 h, actividades deportivas e de tempo libre.
  • 20:15 cea
  • 21 a 21:30 tempo de chamadas
  • De 21:30 a 23:30 reunión


En caso de ausencia de neve, a actividade de esquí será substituída por outra/s xa prevista/s

As nenas e nenos que leven teléfono móbil deben identificalo na parte traseira do terminal cun adhesivo co seu nome, xa que o monitorado retirarallo cando cheguen á estación.
Establécese o horario de 21:00 a 21:30 horas para que poidan chamar a nenos/as. O monitorado entregaralles os móbiles para que poidan realizar e recibir chamadas.
Para quen non leve móbil, as nais e os pais terán ao seu dispor os móbiles do monitorado que se indican deseguido, para poder falar co/a neno/a no horario indicado:

  • BUS 1: tel. 619 655 058 (de cada quenda)
  • BUS 2: tel. 618 796 787 (de cada quenda)

No caso de chamar a través do móbil do monitorado, solicitamos brevidade.
Teña en conta que por tratarse dunha estación de montaña podería haber deficiencias na cobertura móbil.

Na viaxe de volta, entregaránselle os móbiles de seu.
Pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de emerxencias 24 horas para casos urxentes: 687 63 41 65

Pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de información xeral, en horario de luns a venres de 9.30h a 13.30: 981 080 878

Está incluído un seguro con cobertura de asistencia médica ilimitada en centros concertados e cun tope de 3.000€ en centros alleos, traslado de enfermos e feridos, responsabilidade civil, indemnización por falecemento e invalidez.
En caso de accidente, o persoal sanitario a cargo encargarase de dar a primeira asistencia ao neno/a. En caso de ser necesario, será trasladado a un centro médico. En todo momento o pai/nai/titor/a e a Deputación serán informados tanto do contratempo como da súa evolución. O neno/a estará sempre acompañado dun/dunha monitor/a.
A cobertura do seguro é válida unicamente durante a duración da viaxe.

Non están permitidas as visitas a nenas/os durante a súa estadía. Se por algunha circunstancia grave algún neno/a ten que abandonar a estación, deberá sernos comunicado por escrito e coa sinatura do seu pai/nai/representante legal no impreso correspondente.

Por razóns de organización e control, non é posible o cambio do autobús asignado.
A cota de 85€ non se reembolsará, agás imposibilidade de iniciar a participación na campaña por enfermidade grave e con xustificación documental previa desta (enténdese por enfermidade grave, a alteración da saúde, constatada por un profesional médico, que implique hospitalización ou necesidade de gardar repouso, e que implique o cesamento de calquera actividade).
Se por algunha circunstancia algún neno ou nena ten que abandonar a estación, deberá ser comunicado por escrito e coa sinatura do seu pai/nai/representante legal o impreso que está cargado nesta web
A web irá actualizándose con fotos das diferentes actividades.