Biblioteca Pedreira Sanz
Pedreira Sanz (PS)
José Domingo Pedreira Andrade e a súa muller María Jesús Sanz Marcos doan, en 2018, parte da súa biblioteca particular á Biblioteca Provincial da Deputación. Pedreira Andrade foi durante anos Xefe do Servicio de Medicina Interna do CHUAC e é considerado como un médico de prestixio dentro da súa especialidade e no campo das Humanidades. Ao longo dos anos reuniu unha interesante colección bibliográfica formada por uns 30.000 títulos, especialmente da área de Humanidades, e uns 3.000 DVDs de cine, que ao día de hoxe están sendo incorporadas ao fondo bibliográfico da Biblioteca.