Estás en:Biblioteca Como podo?

Como podo?

  • A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, é unha Biblioteca pública que da servizo a toda a provincia. É un espazo aberto a toda a cidadanía, cuxo obxectivo é converterse nun referente cultural dentro da comunidade á que serve.
  • Que horario ten a biblioteca? Ábrese as fins de semana?

Con carácter xeral, o horario da biblioteca é de luns a venres de 8.30 h ás 20.30 h. Pecha sábados, domingos e  festivos.

No verán (de xuño a setembro) é de 08.30 h a 13.45 h e de 15.30 h a 20.15 h.

Calquera incidencia relativa ao horario informarase a través das nosas redes sociais, na propia biblioteca e na sección de novas desta páxina web.

  • Onde está a biblioteca e como podo chegar?

A biblioteca está situada na rúa Rego de Auga, nº 37, e comparte edificio co Teatro Rosalía de Castro.

Se tes pensado vir en coche, ten en conta que estamos na zona centro, e as posibilidades de aparcar son limitadas, aínda que a zona conta con aparcadoiros de pagamento. 

Se te achegas no autobús urbano, podes facelo desde as liñas: 1, 1A, 2, 2A, 3 e 3A.

  • Como podo contactar coa biblioteca?

Estes son os datos de contacto da biblioteca:

Teléfono: 981 415 175 / 981 415 176

Enderezoo electrónico: biblioteca.info@dacoruna.gal

  • O edificio que alberga a biblioteca, está adaptado para persoas con mobilidade reducida?

Trátase dun edificio plenamente adaptado para persoas con mobilidade reducida, polo que conta con ramplas de acceso e baños adaptados.

  • Canto custa utilizar a biblioteca?

Todos os servizos que se prestan na biblioteca son de balde.

  • Que me ofrece a biblioteca?

A biblioteca pon a disposición das persoas usuarias unha ampla colección de libros, cómics, xornais e revistas que se ofrecen para consulta e préstamo. Se o material demandado non está no catálogo, existe a posibilidade de solicitar unha desiderata ou suxestión de compra, ou ben recorrer ao préstamo interbibliotecario, o cal permite obter documentos doutras bibliotecas.

Ademais, organízanse actividades dirixidas á infancia, mocidade e persoas adultas, entre as que destacan exposicións, obradoiros, encontros, e clubs de lectura.

Así mesmo, hai computadores dispoñibles con acceso á Internet.

  • Como podo coñecer as actividades que organiza a biblioteca?

Ademais dos carteis anunciadores das citadas actividades que se expoñen na propia biblioteca e os trípticos coa programación dispoñibles no mostrador de Préstamo e Información Bibliográfica, darase difusión a través da web e as redes sociais coas que conta a biblioteca:

Web: www.dacoruna.gal/biblioteca

Facebook: http://www.facebook.com/bibliodicoruna

X: https://x.com/bibliodacoruna

Instagram: https://instagram.com/bibliodacoruna

Pinterest: http://pinterest.com/bibliodicoruna

Slideshare: https://www.slideshare.net/Bibliotecadicoruna

Youtube: https://www.youtube.com/user/Bibliodicoruna

Google Business: https://biblioteca-provincial-deputacion-da-coruna.business.site/

Para entrar na túa ÁREA DE USUARIO da Biblioteca Provincial debes entrar na web do Catálogo e seguir os seguintes pasos:

1. Identifícate: co carné da biblioteca  ( nos esquezas os ceros!) e a contrasinal.

Se esqueciches a contrasinal ou non tes, restablécea co botón habilitado.  

ENTRAR NA MIÑA ÁREA DE USUARIO

identificación koha.png

2. Unha vez dentro da túa área de usuario podes:

    • Ver os teus préstamos
    • Editar e actualizar os teus datos persoais
    • Cambiar o teu contrasinal
    • Historial de busca
    • Historial de préstamo
    • Ver reservas
    • Facer unha suxerencia de compra
    • Editar e personalizar o teu servizo de mensaxería 
    • Crear listaxes

area de usuario OPAC.png

3. Para RENOVAR

4. Para RESERAR un exemplar que está prestado

5. Para facer unha DESIDERATA ou petición de compra

Podes descargar o documento explicativo en: GUÍA CATÁLOGO en liña.pdf

Podes RESERVAR e RENOVAR de tres xeitos:

1. Presencialmente: en calquera punto de préstamo da Biblioteca.

2. Por teléfono chamando ao 981 415 175 ou 981 415 176 en horario de apertura da Biblioteca.

3.  Entrando na túa conta persoal dende o Catálogo en liña da Biblioteca

Para entrar na túa ÁREA DE USUARIO da Biblioteca Provincial debes entrar na web do Catálogo e seguir os seguintes pasos:

1. Identifícate: co carné da biblioteca (nos esquezas os ceros!) e a contrasinal. Se esqueciches a contrasinal ou non tes, restablécea co botón habilitado.
ENTRAR NA MIÑA ÁREA DE USUARIO

2. Unha vez dentro da túa área de usuario podes ver os teus préstamos, e podes seleccionar a renovación dos mesmos se o precisas.

3. Se o que queres é reservar un documento xa prestado tes que seguir as seguintes indicacións: Buscar o recurso no OPAC e premer no botón RESERVAR. 

O número de reservas que podes facer depende do teu carné da biblioteca. E é a metade do número total de préstamos que podes ter, no caso de carné de adultos, 3 libros, 3 DVD e 3 CD´s. 

O tempo para recoller o material reservado unha vez notificado é de 2 días hábiles.

  • Que se necesita para ter o carné da biblioteca?

Para gozar do servizo de préstamo individual, cada usuario debe proverse do carné, que se obterá presentando o DNI e unha foto tamaño carné.

FAI O TEU CARNÉ DA BIBLIOTECA

Os lectores máis pequechos deben engadir aos datos a sinatura do seu pai, nai ou titor/a no impreso que quede en propiedade da biblioteca e renovar obrigatoriamente a súa solicitude cando pasen ao servizo de préstamo de adultos.

Todas as persoas usuarias comprométense a comunicar calquera variación nos datos que consten no cartón de préstamo durante o período da súa vixencia.

  • En que bibliotecas podo usar o meu carné?

O carné da Biblioteca Provincial da Coruña só dá acceso á biblioteca do mesmo nome.

  • Perdín o meu carné de biblioteca, podo obter un novo?

Expedirase un novo carné de biblioteca unha vez que a persoa usuaria comunique a súa perda ou subtracción.

En calquera caso, é importante que a persoa usuaria comunique inmediatamente á biblioteca a perda do seu carné, co fin de evitar un uso indebido do mesmo por parte doutra persoa.

  • Podo usar o carné dun amigo ou familiar?

O carné de biblioteca é persoal e intransferible. Unicamente se admite a utilización dun carné alleo cando se xustifique axeitadamente, a través do formulario de autorización que podes solicitar na sección de préstamo. a empregalo.



  As doazóns de libros e outros materiais contribúen a enriquecer o fondo documental da biblioteca. Con todo, para ser operativas, as doazóns deberán ser valoradas como paso previo á súa aceptación. Por este motivo, solicitarase unha listaxe das obras para doar cos seus datos básicos (autor, título, editorial e ano de publicación), sen esquecer os datos de contacto da persoa que fai a doazón.

 

  • Cantos libros e outros materiais podo sacar en préstamo?
    • Carné de adultos ( + 14 anos)

O carné de adultos da biblioteca da dereito ao préstamo de forma simultánea de 6 libros, 6 DVD, 6 partituras, 6 CD e 2 arquivos de ordenador. O prazo de préstamo é de 22 días hábiles renovable por outros 22 días (se o exemplar non está reservado).

    • Carné infantil e xuvenil( 0 - 14 anos)

O carné de infantil - xuvenil da biblioteca da dereito ao préstamo de forma simultánea de 6 libros, 4 DVD, 2 arquivos de ordenador, 2 CD e 2 revistas. O prazo de préstamo é de 22 días hábiles renovable por outros 22 días (se o exemplar non está reservado).

    • Carné de entidades

Este carné está pensado para as bibliotecas ou centros que levan a cabo actividades de animación á lectura e fomento da cultura. Poden prestarse ata 100 libros, 25 DVD, 25 arquivos de ordenador, e 25 CD durante 45 días hábiles sen posibilidade de renovación.

    • Préstamo dixital

En canto ao préstamo dixital, só é preciso ser socio de calquera biblioteca municipal da provincia da Coruña ou da Provincial da Deputación, con dereito a prestar ata 6 contidos dixitais na plataforma de préstamo EbiblioDaCoruna. A po: libros, audiolibros e contido educativo 21 días; películas 3 días; revistas 1 día; xornais 3 horas.

  • Hai algún material ou documento que estea excluído do préstamo?

Gran parte do material que está dispoñible na biblioteca pódese levar en préstamo, pero hai algunhas excepcións: as obras de referencia (dicionarios, enciclopedias, etc.), e en xeral, as obras de uso frecuente; os manuscritos, incunables, raros e aquelas obras de particular interese histórico, artístico ou bibliográfico; os exemplares únicos de difícil reposición; as obras que, polas súas características especiais, estean excluídas do préstamo por decisión da Dirección da biblioteca.

  • Podo renovar os préstamos?

O préstamo de tódolos recursos prestables pode renovarse unha vez, e polo mesmo tempo que o período de préstamo: 22 días hábiles, no caso de adultos e infantil - xuvenil; sempre que o exemplar non estea reservado no momento de facer a renovación.

A renovación do material pode facerse dende a túa área de usuario no catálogo ou nas sección de préstamo da biblioteca.

Os contidos dixitais da EbiblioDaCoruna son prorrogables unha vez, se non están reservados por outra persoa. 

  • Como sei cando teño que devolver o material prestado?

No caso do préstamo presencial, no momento do préstamo o persoal da biblioteca anota a data de devolución nun adhesivo que, xeralmente, vai pegada na parte interior da cuberta do libro.

Os contidos dixitais en préstamo desaparecen automáticamente da túa conta. Podes comprobar en todo momento  cando caducan desde a túa área persoal da EbiblioDaCoruna (sexa na web ou na App)

  • Cal é a sanción por devolver con atraso o material en préstamo?

Pasado o período de préstamo correspondente, sancionarase un día por cada día de retraso en cada material prestado.

  • Que ocorre se perdo ou dano o material da biblioteca?

Toda perda ou deterioración do material da biblioteca poderá ser obxecto de sanción, polo que se lle obrigará á persoa usuaria a reparación ou reposición do material estragado ou perdido ou ao pagamento dos gastos equivalentes.

 A biblioteca xestiona varios clubs lectores, de xeito dixital, a través do EbiblioDaCoruna Club Lector.

Un club de lectura é un grupo de persoas que le  ao mesmo tempo unha obra concreta das que a biblioteca presta un exemplar a cada membro de club; e reúnese para comentar o le. Os clubs tamén fan outras  actividades como proxeccións, roteiros literarios, encontros con autores, etc. 

Podes informarte das actividades de animación lectora no apartado Actividades ou na sección de información da biblioteca.

 

A biblioteca dispón de impresos de suxestións de compra, que poden ser solicitados no mostrador de préstamo. O usuario recibirá unha resposta no prazo máis breve posible.

Podes facelo dende a túa área de usuario da Biblioteca.

Para entrar na túa ÁREA DE USUARIO da Biblioteca Provincial debes entrar na web do Catálogo e seguir os seguintes pasos:

 Identifícate: co carné da biblioteca ( nos esquezas os ceros!) e a contrasinal. Se esqueciches a contrasinal ou non tes, restabléceo co botón habilitado.

suxestión de compra.png

Podes suxerir que se adquiran aqueles documentos (libros, CD , DVD, CD-Rom, etc) que sexan do teu interese e que non estean na biblioteca. 

Na biblioteca dixital tamén se poden solicitar a incorporación de novos recursos, e para iso debes estar identificado coas túas claves dentro da EBIBLIODACORUNA.


Unha vez avaliada a solicitude polo Departamento de Adquisicións da Biblioteca, tramitarase, e nun breve período de tempo, recibirás unha resposta á túa petición. Unha vez recibido e procesado o material, o persoal deste Departamento comunicarache a súa dispoñibilidade.

 

 

 

  •  Ten a biblioteca unha sala de estudo?

A biblioteca ten dúas salas dispoñibles. Poden utilizarse para o estudo individual, conxuntamente coa consulta do material propio da biblioteca e o desenvolvemento cotián dos servizos bibliotecarios.

  • Hai un espazo para traballar en grupo?

Si, as mesmas salas, poden utilizarse para facer traballos en grupo, a condición de que se respecte as demais persoas usuarias.

  • Hai un espazo na biblioteca exclusivo para os nenos e nenas?

Si, na planta baixa da biblioteca está a Biblioteca Xuvenil, destinada a nenos e mozos de 9 a 18 anos e na segunda planta está a Bbtk Infantil, destinada a nenos ata os 8 anos. Nelas hai unha ampla colección de libros, revistas e material audiovisual organizada por idades. Neste espazo tamén teñen lugar as actividades infantís.

  • Poden reservarse espazos da biblioteca para organizar actividades?

Todos os espazos da biblioteca son para as actividades propias, premios ou en colaboración.