Estás en:Cultura Rede Cultural da Deputación da Coruña 2026

Rede Cultural da Deputación da Coruña 2026

Coa Rede Cultural conectamos o ámbito municipal cos creadores e creadoras e axudamos á existencia dunha boa oferta cultural en todos os concellos, a través do apoio ao financiamento e desenvolvemento de catro programas específicos:

  • ESCENA AO VIVO!: Programa de espectáculos profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos.
  • VISIÓNS: Programa profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos.
  • ALICERCE: Programa de grupos de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades.
  • LINGUA A ESCENA!: Programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, maxia, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos