Estás en:Lingua Linguateca: recursos para ler, ver, escoitar e mellorar a expresión

Linguateca: recursos para ler, ver, escoitar e mellorar a expresión

Pódese calumniar unha lingua? Hai linguas malas ou boas? Hai linguas bonitas ou feas; útiles ou inútiles? Poden as linguas ser poderosas ou desposuídas?

A lingua galega precisa redefinir a súa folla de ruta para activar falantes no século XXI. Para contribuír a ela, a Deputación da Coruña organizou nos anos 2018, 2019 e 2020 as xornadas Malas linguas, unha oportunidade para facer diagnose, analizar a situación actual e, desde aí, trazar, imaxinar e coller folgos para continuar o camiño da normalización lingüística do noso idioma.

Un outono cheo de letras é unha campaña de dinamización lingüística da área de Lingua da Deputación da Coruña destinada á promoción do libro e da lectura en galego arredor do Día das Bibliotecas.

A campaña ten dous obxectivos fundamentais:

- Fomentar a lectura e os libros en galego e a importancia destes no desenvolvemento das persoas.

- Apoiar o sector do libro galego e darlles visibilidade aos seus múltiples axentes: escritoras e escritores, editoras, librarías, deseño e ilustración, imprentas etc.

A ciencia é unha das pancas que posibilita o progreso e que contribúe decisivamente a mellorar a calidade das nosas vidas. A campaña de dinamización lingüística As palabras da ciencia (desenvolta entre os anos 2021 e 2023) quixo servir de escaparate do labor tantas mulleres e homes que traballan en diferentes materias científicas no noso país e en galego, pois na nosa lingua tamén se constrúe a ciencia.

Portada de Cancións para o ano.ico

Cancións para o ano, de Ánxela Loureiro Fernández [2026]

Miniatura do Cancioneiro galego-portugués.jpg

O Cancioneiro galego-portugués, de Domingo Blanco e Carlos Nogueira (textos) e Andrés Meixide (ilustracións) [2025]

Conecendo-a-historia-dos-medios-en-galego-01.ico

Guía didáctica Coñecendo a historia dos medios en galego [2025]

Na lingua con orgullo (2).png

Guía Na lingua con orgullo [2025]

Malas linguas.png

Malas linguas. Activando falantes para o século XXI [2018-2019]

Malas linguas. Activando falantes para o século XXI [2020]