Servizo de Desenvolvemento Territorial e Medio Ambiente
Coidar e mellorar o medio ambiente, contorna no que desenvolverán a súa existencia as xeracións presentes e as futuras, é unha encomenda para toda a sociedade. Nunha contorna tan globalizada, as entidades locais, pola súa proximidade coa cidadanía, teñen un papel crave nesta responsabilidade. A
administración local desempeña un papel fundamental pois ten nas súas mans unha función motora da concienciación ambiental individual e colectiva.
A participación das Deputacións non debe cinguirse unicamente á concesión de fondos a través de plans ou convocatorias de subvencións. Nesta temática, a asistencia técnica é esencial. Ademais, a promoción de actuacións locais conxuntas e a creación de redes de interese son liñas de traballo que poden incrementar a óptica ambiental nas políticas locais.
"Ao considerar un problema a degradación do medio ambiente global, é fácil sentirse atafegado, completamente indefenso ante os efectos de calquera tipo de cambio. Pero debemos resistirnos a unha resposta así, porque a crise se resolverá só si aceptamos a nosa responsabilidade nela: educándonos a nós mesmos e aos demais, facendo o posible por reducir ao mínimo o consumo e o malgasto dos recursos, adoptando unha actitude política máis activa e esixindo o cambio. E quizá o máis importante: é necesario que xulguemos a nosa relación co mundo natural e renovemos, no nivel máis profundo da integridade persoal, a conexión con el. Isto só será posible si renovamos o que é auténtico e verdadeiro en todos os aspectos da nosa vida".
Al Gore. A Terra en xogo
Os boletíns de medio ambiente infórmanlle semanalmente das noticias, actividades, axenda e boas prácticas, especialmente para os concellos, que se xeran no ámbito do medio ambiente
2023
- Nº 269
- Nº 268
- Nº 267
- Nº 266
- Nº 265
- Nº 264
- Nº 263
- Nº 262
- Nº 261
- Nº 260
- Nº 259
- Nº 258
- Nº 257
- Nº 256
- Nº 255
- Nº 254
- Nº 253
- Nº 252
- Informe de Praias e Portos Deportivos con Bandeira Azul 2021
Inventario Puntos de Interese Natural na Provincia da Coruña
Lugares de Interese Comunitario (LIC) na Provincia da Coruña
Inventario de árbores senlleiras da Provincia da Coruña
A Innovación Social como ferramenta contra o Cambio Climático
Sendas e sendeiros da Provincia da Coruña
- Plan Director mobilidade ciclista - Deputación Coruña