Estás en:Lingua Malas linguas
Mala lingua: 1 Propensión a murmurar ou calumniar.Ten mala lingua, se non fala mal dos demais non lle vai ben. 2 Persoa que murmura ou calumnia.É un mala lingua, non lle fagas caso.
(Dicionario da Real Academia Galega)

 

Pódese calumniar a unha lingua? Hai linguas malas ou boas? Hai linguas bonitas ou feas; útiles ou inútiles? Poden as linguas ser poderosas ou desposuídas?

O galego precisa redefinir a súa folla de ruta para activar falantes no século XXI. Para contribuír a ela, a Deputación da Coruña organiza as xornadas Malas linguas, unha oportunidade para facer diagnose, analizar a situación actual e, desde aí, trazar, imaxinar e coller folgos para continuar o camiño da normalización lingüística do galego.

Este é o dobre obxectivo destas xornadas promovidas pola Deputación: crear un espazo de diálogo no que entender de onde vimos e imaxinar cara onde queremos ir. Por isto, están dirixidas principalmente ás persoas que traballan no ámbito da normalización lingüística e das políticas públicas.

Para dar continuidade ás convocatorias precedentes de 2018 e 2019, neste ano repetimos Malas Linguas. Desta volta adaptadas á situación sanitaria, as xornadas decorrerán de forma virtual, centradas na análise sociolingüística para tentarmos facer unha aproximación na actualidade ao desafío da normalización do galego.

As sesións serán os días 10 e 12 de novembro a través da plataforma Zoom e o principal obxectivo é renovar o argumentario paras as políticas públicas de normalización lingüística, con base en tres eixes: manter espazos de reflexión, dar ideas prácticas e fomentar o traballo en rede.

Contaremos con varias persoas expertas na materia que desenvolverán cadanseu relatorio e posta en común nunha mesa redonda.

  • Martes, día 10 de novembro
    Boas prácticas parías linguas minorizadas do Estado (17h-18.30 h) con Paula Kasares, Isaac Lourido e Xian Naia. Debate posterior.
  • Xoves, día 12
    Revitalización lingüísticas en linguas ameazadas (17.15 ­ 18.30 h) con Mónica Barrieras e Itziar Idiázabal. Debate posterior

A actividade é aberta e gratuíta os días 10 e 12 de novembro, mais as prazas para poder participar no encontro en directo a través do Zoom son limitadas.

Para inscricións cómpre anotarse neste formulario.

PROGRAMA_ML_2020_PANT (1).png


Malas Linguas: Vídeos