Cooperación
De acordo co criterio establecido polo Comité de Axuda ao Desenvolvemento (CAD) da ONU, defínese a Axuda Oficial ao Desenvolvemento como os fluxos ou as correntes dirixidas aos países que figuran na lista de países receptores do CAD e ás institucións multilaterais de desenvolvemento con destino a receptores desa mesma lista de países, proporcionados por organismos oficiais, incluídos gobernos estatais e locais, de carácter concesional e cuxo principal obxectivo sexa promover o desenvolvemento e o benestar económicos dos países en desenvolvemento.
Segundo a Lei 23/1998, do 7 de xullo, de Cooperación internacional ao desenvolvemento, a cooperación para o desenvolvemento que se realice desde as entidades locais, expresión solidaria das súas respectivas sociedades, terá que inspirarse nos principios, obxectivos e prioridades establecidas na presente lei, tendo que respectar, en todo caso, as liñas xerais e directrices básicas establecidas a través do Plan Director da Cooperación Española. En parecidos termos se expresa a Lei galega 3/2003, do 19 de xuño, de Cooperación ao desenvolvemento, que tamén menciona ás entidades locais entre os axentes da cooperación galega, cuxa actuacións deberán de respectar os principios e criterios establecidos a través do Plan Director da Cooperación Galega vixente.
Dende hai máis dunha década, e con fundamento na normativa citada nos apartados anteriores, así como na redacción do antigo art. 36º.1.e da Lei 7/1985, Reguladora das bases do réxime local, a Deputación Provincial da Coruña ven prestando apoio aos axentes da cooperación galega, principalmente aos que teñen a súa sede ou delegación na provincia da Coruña, ou respecto das actividades que se leven a cabo na provincia, no financiamento de proxectos de axuda ao desenvolvemento, que respecten non só os principios, obxectivos e prioridades establecidas tanto na normativa estatal como na autonómica, senón as liñas xerais e directrices básicas establecidas a través dos documentos de planificación da cooperación estatal e autonómica.
Coa citada finalidade se promove anualmente a concesión de subvencións por parte da Excma. Deputación da Coruña, en réximen de concurrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de investimento en materia de axuda ao desenvolvemento, nas súas distintas variantes (cooperación internacional, axuda humanitaria, sensibilización, educación para o desenvolvemento, comercio xusto, ....) que se realicen por parte de entidades privadas sen ánimo de lucro que teñan a consideración de beneficiarias de conformidade co establecido nas bases reguladoras.
Os proxectos deberán contemplar no seu deseño e execución as prioridades transversais definidas no IV Plan Director de Cooperación Galega 2018-2021, relativas á erradicación da pobreza, a equidade de xénero, a defensa da sostenibilidade ambiental e a loita contra o cambio climático, o enfoque baseado en dereitos humanos, o respeto pola diversidade cultural e a promoción da interculturalidade, a equidade e a loita contra as desigualdades, a participación cidadá e fortalecemento institucional e da sociedade civil, así como as prioridades xeográficas, grupos prioritarios e ámbitos estratéxicos sinalados no citado plan.
Entre os proxectos cofinanciados en recentes convocatorias figuran os seguintes:
Proxectos
- País no que se desenvolve: Tonghor. Senegal
- Breve resumo do proxecto: Contribuír a mellorar as condicións socio-educativas e a formación para a saúde en nenas, nenos adolescentes e poboación en xeral da comunidade de Tonghor Yoff-Dakar-Senegal, así como fomentar a convivencia entre os mozos e mozas da poboación e xovenes e Cooperantes de Coruña. Actividades e proxectos: Visita na Coruña da Directora-Xefa de Estudos dona Aissatou Sylla; Coruña-Cura proxecto médico-farmacéutico, Coruña-Cura Oftalmoloxía, Formación a Mergulladores, Reforestar as Escolas senegalesas, Cosendo Futuro, a Muralla Verde do Sahel, etc.
- Entidad promotora: Ecodesarrollo Gaia
- Contraparte ou socio local: Cooperativa de mulleres transformadoras de produtos do mar SEUTY NDIARE
- Reportaxe fotográfica
- País no que se desenvolve: España, A Coruña
- Breve resumo do proxecto: Entre as actividades que se levan a cabo, en estreita colaboración e coordinación coa Delegación Saharaui para Galicia, Media Luna Roja Saharaui e o resto das institucións do goberno saharaui, debemos destacar o desenrolo dun programa de Acollemento Familiar Temporal (Vacacións en Paz). As "vacacións en paz" preséntanse nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente ricas aos nenos e nenas saharauis procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses de verán acollidos por familias galegas.
- Entidade promotora: Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
- Reportaxe fotográfica
- País no que se desenvolve: España, A Coruña
- Breve resumo do proxecto: Sensibilizar à sociedade galega fomentando a súa participación activa na cooperación ao desenvolvemento mediante: charlas nos colexios onde deuse a coñecer a realidade de Costa de Marfil e matizouse a importancia de inculcar unha cultura solidaria e a aposta por valores relacionados con a igualdade, a integración, o compromiso e o respecto cara os demais para a creación dun sistema sólido, sostible e propicio para o cambio social; Xornadas Solidarias realizando obradoiros de peiteados e tocados coas técnicas tradicionais africanas; Danzas Africanas cos ritmos e bailes tradicionais, Proxección dun Documental sobre as actividades realizadas polas novas Cooperativas de mulleres impulsadas pola ONG, etc.
- Entidade promotora: Asociación EGUEIRE
- Reportaxe fotográfica
- País no que se desenvolve: España, A Coruña
- Breve resumo do proxecto: Tratamento medico a nenos e nenas con doenzas, procedentes de países de Africa, donde carecen das insfracstructuras sanitarias para ser tratados nin dos medios económicos, e dada a gravidade das patoloxías, e grazas a unha grande cadea solidaria formada por hospitais, voluntarios, familias de acollida, instituciones publicas e privadas, e xente anónima, poder ser tratados e curados e poder ter un vida digna nos seus países.
- Entidade promotora: Fundación Tierra de Hombres España
- Reportaxe fotográfica
- País no que se desenvolve: República de Indonesia
- Breve resumo do proxecto: Achega para paliar os efectos do sismo e posterior tsunami, para distribuír subministracións, cubrir as necesidades dos nenos e nenas máis afectados e garantir a atención sanitarias, ademais de distribuír alimentos e artigos aos refuxios de emerxencia.
- Entidade promotora: UNICEF
- Reportaxe fotográfica