Estás en:Biblioteca Actividades

Actividades

Actividades

ACTIVIDADES OUTONO 2024 PARA PERSOAS ADULTAS

Dende a Biblioteca Provincial temos preparadas diferentes actividades dirixidas a persoas de todas as idades, relacionadas co fomento da lectura e a cultura.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

CLUB DE LECTURA DE POESÍA: POESÍA MODERNA E UNIVERSAL DO SÉCULO XX

  • Impartido por Xoán Abeleira
  • Día: xoves de 19:00 a 20:30 h
  • Prazas: 20
  • Duración: 12 sesións. De outubro a xaneiro
  • Data de comezo: xoves 17 de outubro

CLUB DE LECTURA DE LIBROS EXTRAORDINARIOS

  • Impartido por Xoán Abeleira
  • Día: luns de 19:00 a 20:30 h
  • Prazas: 20
  • Duración: 12 sesións. De outubro a xaneiro
  • Data de comezo: o luns 14 de outubro

CONVERSAS EN INGLÉS

NIVEL MEDIO I
  • Impartido por Elisabeth Hamer
  • Día: MÉRCORES de 11:30 a 12:45 h.
  • Duración: 12 sesións. De outubro a xaneiro
  • Prazas: 15
  • Data de comezo: mércores 16 de outubro
NIVEL MEDIO II (INTERMEDIO ALTO)
  • Impartido por Elisabeth Hamer
  • Día: LUNS de 19:15 a 20:30 h.
  • Duración: 12 sesións. De outubro a xaneiro
  • Prazas: 15
  • Data de comezo: o luns 14 de outubro

ALFABETIZACIÓN DIXITAL: MANEXO DE SMARTPHONES

Edición 1:
  • Día: MARTES de 10:00 a 12:00 h.
  • Duración: 6 sesións. Días: 22, 29 de outubro; 5, 12, 19, 26 de novembro
  • Prazas: 15
  • Data de comezo: o martes 22 de outubro
  • Lugar: Sala Manuel López. Biblioteca Provincial
Edición 2:
  • Día: MARTES de 12:00 a 14:00 h.
  • Duración: 6 sesións. Días: 22, 29 de outubro; 5, 12, 19, 26 de novembro
  • Prazas: 15
  • Data de comezo: o martes 22 de outubro
  • Lugar: Sala Manuel López. Biblioteca Provincial

OBRADOIRO DE POESÍA "A TIRO DE VERSO"

  • Promovido polo Departamento de Cultura da Deputación da Coruña e coordinado por Apiario, ao abeiro do Premio González Garcés de Poesía
  • Día: MÉRCORES de 19:00 a 21 h.
  • Duración: 4 sesións. Días: 9, 16, 23 e 30 de outubro.
  • Prazas: 20
  • Data de comezo: mércores 6 de outubro
  • Lugar: Sala César Antonio Molina – Mercedes Monmany. Biblioteca Provincial
  • Inscrición: na web da Biblioteca a partir do 23 de setembro

RESERVA DE PRAZA PARA AS ACTIVIDADES PARA PERSOAS ADULTAS

  • Teñen prioridade na reserva de praza as persoas socias.
  • Inscríbete na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades e escollendo actividade na que queres reservar praza (é necesario ter o carné da biblioteca á man):

ACCESO AO FORMULARIO

  • O formulario para inscribirse abrirase a partir do día 23 de setembro de 2024 ás 10:00 h. No caso de que non se cubran as prazas, poderá seguir aberta logo desta data.
  • A adxudicación das prazas será por sorteo o 1 de outubro.
  • Se precisas axuda para a inscrición, podes vir á Biblioteca ao mostrador de Información (1º andar) e axudarémosche (mañá e tarde).
  • Contactaremos coas persoas que obtiveron praza antes do inicio da actividade.

 

Díptico informativo dos Obradoiros para persoas adultas: Obradoiros de adultos outono 2024.pdf

 INFANCIA/MOCIDADE

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

OBRADOIRO DE LEGO-WEDO

Dirixido a nen@s de 7 e 8 anos

  • DURACIÓN DO CURSO: 10 sesións
  • PRAZAS: 12 prazas
  • HORARIO: de 10:30 a 12:00 h
  • DATAS: Todos os sábados. Días 19 e 26 de outubro, 9, 16, 23 e 30 de novembro, 14 de decembro, e 11, 18 e 25 de xaneiro
  • LUGAR: Sala Xuvenil. Biblioteca Provincial
  • INSCRICIÓN: na web da Biblioteca a partir do 7 de outubro a partir das 10:30h

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN

  • Dirixido a nen@s de 9 a 11 anos.
  • DURACIÓN DO CURSO: 10 sesións
  • HORARIO: de 10:30 a 12:00 h
  • DATAS: Todos os sábados. Días 19 e 26 de outubro, 9, 16, 23 e 30 de novembro, 14 de decembro, e 11, 18 e 25 de xaneiro
  • LUGAR: Sala Manuel López. Biblioteca Provincial
  • INSCRICIÓN: na web da Biblioteca a partir do 7 de outubro a partir das 10:30h

 

RESERVA DE PRAZA PARA AS ACTIVIDADES PARA A INFANCIA/MOCIDADE

  • A páxina para inscribirse ás actividades activarase o
  • luns 7 de outubro ás 10:30 h da mañá.
  • Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca picando no apartado Actividades e despois, en Infancia Mocidade picar no formulario Inscrición Actividades Infantís Xuvenís e elixir o curso correspondente (ter o carné da biblioteca a man)
  • Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.
  • Nuns días, antes de comezar as actividades, publicarase na páxina web (no apartado actividades/ infancia mocidade) o listaxe cos números dos socios admitidos á actividade e as listas de agarda.
  • 12 prazas por curso. Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns)
  • Os cursos son totalmente gratuítos.
  • En caso de non poder asistir, por favor comunícao á biblioteca para poder cubrir a praza coa listaxe de agarda. A falta de asistencia leva a perda de praza.
  • Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal

 

Díptico informativo dos Obradoiros para Infancia e Mocidade: ObradoirosNenxs_Outono2024.pdf

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

Obradoiros de plastilina (Bbtk infantil) 

 

 plastilina.jpg

OBRADOIRO "A TIRO DE VERSO"

O obradoiro "A tiro de verso" volve á Biblioteca Provincial da Coruña para fomentar a lectura de poesía en galego.

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña promove a segunda edición deste obradoiro, coordinado por Apiario, ao abeiro do Premio González Garcés de Poesía

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

  • Día: MÉRCORES de 19:00 a 21 h.
  • Duración: 4 sesións. Días: 9, 16, 23 e 30 de outubro.
  • Prazas: 20
  • Data de comezo: mércores 6 de outubro
  • Poetas participantes: Emma Couceiro, Chus Pato, Miriam Ferradáns e Celso Fernández Sanmartín
  • Lugar: Sala César Antonio Molina – Mercedes Monmany. Biblioteca Provincial
  • Inscrición: na web da Biblioteca a partir do 23 de setembro

 

As persoas participantes no obradoiro rematarán a formación cunha listaxe de libros de poesía recomendados por Apiario e exemplares dos últimos Premios González Garcés da Deputación da Coruña.

Neste 2024, a área de Cultura da Deputación da Coruña segue apostando por reforzar as convocatorias dos seus premios literarios con actividades paralelas que fomenten a lectura e contribúan a tecer unha rede de espazos arredor da literatura.

 

Raiña lupa.jpg

O club de lectura sen complexos nin etiquetas que naceu en 2022 ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña

'Non hai idade, hai literatura' é a filosofía da que parte este club de lectura, para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil.

Está coordinado polo gañador da última edición do Premio, Lois Pérez, e participarán destacadas autoras e autores da LIX en galego.

Serán un total de 6 sesións (tres en primavera e tres no outono) o penúltimo venres do mes ás 18:00 h (marzo, abril e maio – setembro, outubro e novembro).

Terá lugar na Biblioteca provincial da Coruña baixo inscrición previa e está aberto tanto ao público máis novo como a calquera persoa adulta -nais, pais, irmáns, docentes, bibliotecarias- que desexe compartir experiencia lectora cos máis novos e novas.

Ofertaremos 25 prazas.

 

Calendario e lecturas:

- Venres 24 de marzo: Antía Yáñez – "Plan de rescate"

- Venres 21 de abril: Miguel López (El Hematocrítico) – "Dona Problemas"

- Venres 19 de maio: Marilar Aleixandre – "Nogard"

- Venres 22 de setembro María Reimóndez – "Cobiza"

- Venres 20 de outubro (18.30 h): Eva Mejuto – "A ladroa da biblioteca de Meirás"

- Venres 17 de novembro: Lois Pérez – "A tribo do mar"

 Inscrición

 

Inscrición no Club da Raíña Lupa (menores de idade)

Inscrición no Club da Raíña Lupa (maiores de idade)

 

 

O teatro tamén é literatura. Lese pouco. Vese pouco nas librarías. Apenas figura nos programas escolares. É certo. Pero, como podemos xogar cun texto literario na intimidade da experiencia lectora? Que ten este xénero literario de especial? Que hai de diferencial nun guión que apela constantemente ao voo da escena? Velaquí un programa para lermos, contextualizar e descubrir escritoras e escritores teatrais das nosas letras e do noso proceso de emerxencia cultural. O teatro galego a súa historia recente e a súa lectura.

Coordinador: Roberto Pascual, gañador do XX Premio Rafael Dieste 2021
Días: os xoves 14, 21 e 28 de setembro, e 5 de outubro
Hora: 19:00 - 20:30 h
Prazas: 25
Lugar: Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany

Programa

  • Xoves 14 de setembro

Leremos textos representativos dos diferentes períodos que van da xeración Abrente até as novas voces xurdidas arredor da ESAD, do novo Abrente, das xornadas impulsadas pola Asociación DramaturgA ou de novos certames coma o Laudamuco.
Convidada: María Vázquez, actriz.

  • Xoves 21 de setembro

Leremos fragmentos de obras de Esther Carrodeguas, Roberto Salgueiro. Raúl Dans e Avelina Pérez.

Convidada: Esther F. Carrodeguas, dramaturga, actriz e produtora.

  • Xoves 28 de setembro

Lecturas comentadas de fragmentos de Gustavo Pernas, Teresa Moure, Manuel Lourenzo e Roberto Vidal Bolaño.

Convidada: Rocío González, actriz.

  • Xoves 5 de outubro

Leremos o premio Rafael Dieste 2021 que este ano será levado a escena e convidamos ao gañador/a deste ano: Sophie non é o meu nome de guerra (2021) e o autor/a gañador/a de 2023.

Convidado/as para lectura dramatizada:
Autor/a gañador/a do Premio Rafael Dieste 2023.
Marián Bañobre, directora, actriz e creadora escénica.

ACTIVIDADE CON PRAZAS ESGOTADAS

OBRADOIRO DIESTE - LER TEATRO (IG).png

A biblioteca da Deputación da Coruña ofrece visitas guiadas para escolares, mozos e grupos de adultos pertencentes a algún colectivo ou institución.

Ademais de coñecer as nosas instalacións, a visita pretende amosar todos os servizos, coleccións e actividades que ofrece a biblioteca. As visitas adecúanse ás necesidades e características de cada grupo, para que cada un encontre o seu sitio na biblioteca.

  • Se quere unha visita de adultos pode solicitalo enviando un correo electrónico a: biblioteca.info@dacoruna.gal no que se indique o número de persoas, a/s data/s nas que estarían interesados e un teléfono de contacto. Tamén pode solicitar a visita chamando ao número de telefono: 981 080 176.

 

  • A Bbtk Infantil e a Biblioteca Xuvenil da Deputación da Coruña ofrecen visitas guiadas a grupos escolares de idades comprendidas entre os 2 e os 17 anos. Con estas visitas preténdese que os nen@s coñezan como é unha biblioteca e as posibilidades que lles ofrece.

 

- No caso da Bbtk Infantil (hasta os 9 anos), trátase dunha actividade interactiva na que os nen@s están en todo momento en contacto cos libros: móstranselles diferentes tipos de materiais, resolven dúbidas... Ao final da visita permíteselles aos nenos moverse libremente pola biblioteca escollendo por si mesmos os libros que desexen. A visita terá unha duración de 45 minutos. Se está interesado en participar nesta actividade pode solicitalo enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: biblioteca.bebeteca@dacoruna.gal indicando o número de grupos, a súa idade, a/s data/s nas que estarían interesados e un teléfono de contacto.  Tamén pode solicitar a visita se chama ao número de telefono: 981 080 174 

No tocante á Biblioteca Xuvenil (de 9 a 17 anos), o alumnado fará un percorrido polas distintas seccións da biblioteca e descubrirán os fondos especiais, raros e curiosos de acceso restrinxido. A visita concluirá na sección Xuvenil. A duración da visita será de hora e media. Así mesmo, tamén se ofrecen visitas guiadas para alumnado de ciclos superiores ou universitarios con estudos relacionados coa infancia e/ou os libros. Se está interesado en participar nesta actividade pode solicitalo enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal indicando o número de grupos, a súa idade, a/s data/s nas que estarían interesados e un teléfono de contacto. Tamén pode solicitar a visita se chama ao número de telefono: 981 080 171