Estás en:Biblioteca A Biblioteca Coleccións Colección de partituras Ballet Rey de Viana

Colección de partituras Ballet Rey de Viana

Ballet Rey de Viana (P-68,69)

O Ballet Galego Rey de Viana naceu como proxecto persoal do coreógrafo e bailarín José Manuel Rey de Viana (1923-1995).

Xunto coa súa esposa, a bailarina Victoria Canedo, Rey de Viana puxo en marcha a mediados dos 50 o Ballet que levaría a danza galega a escenarios de todo o mundo.

As décadas dos 60 e 70 foron as de maior esplendor da formación, que recibía eloxios polas súas representacións e coidadas postas en escena, pola que recibiu numerosos premios internacionais.

reydeviana2

José Manuel Rey de Viana tamén foi obxecto de abundantes distincións persoais, sobresaíndo a concesión no 1994 da Medalla Castelao, en recoñecemento ao seu labor de promoción da curey-de-vianaltura galega.

 

O bailarín escribiu máis de corenta obras para o seu ballet, sendo a mestura de baile clásico coas danzas tradicionais de Galicia, a principal característica e motivo do seu grande éxito.

 

A colección Rey de Viana da biblioteca consta de 78 partituras, entre as que destaca Namorados (P-69/25), do propio José Manuel Rey de Viana.
partituras-reyvianapartiturasreyviana2