Estás en:Biblioteca A Biblioteca Coleccións Francisco Pillado

Francisco Pillado

Francisco Pillado (FP-1, 2, 3)

Francisco Pillado Villamil (16 de outubro de 1856 a 26 de marzo de 1926) foi un pianista e compositor coruñés de intensa actividade artística entre os séculos XIX e XX ademáis de ser o fundador dunha estirpe familiar na que os membros máis destacados compartiron nome e primeiro apelido. Alumno do pianista e compositor Torres de Adalid, tendo a opción de trasladarse a Francia, rexeitou esa posibilidade, permanecendo sempre na cidade herculina.

As primeiras referencias documentais de concertos de Pillado datan de 1872, cando formou con José Courtier, Mariano Alonso e os irmáns Canuto e Manuel Berea un quinteto para actuar no salón da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña.

Outra faceta salientable de Pillado Villamil é a que como compositor para os entroidos da Coruña, como o de 1886, para o que compuxo unha habanera que sería cantada polo coro El Eco dirixido por Pascual Veiga, que se uniu á sección de canto da Reunión Recreativa e Instructiva interpretaría unha marcha composta por José Braña Muíños.

A familia de Francisco Pillado Villamil, representada por Julia Tarrío Pillado, doou á Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña unha colección de partituras manuscritas, principalmente da autoría do compositor, pero tamén hai obras doutros autores como E. Saunier. A colección tamén está conformada por outros materiais como dous retratos, un a lápis e outro ao óleo.

Todo o fondo está catalogado e dispoñible para consulta coas sinaturas FP-1, 2 e 3.