Estás en:Asistencia Económica a Concellos Organización

Organización

O Servizo de Asistencia Económica a Concellos e demais entidades locais ten como obxectivo, tal e como sinala o seu Regulamento orgánico, "calquera tipo de asesoramento económico-financeiro (contestación de consultas, comunicacións e visitas informativas, redacción de informes, estudos, ditames e propostas de resolución de índole económica)", baixo os principios básicos de supletoriedade ou complementariedade, así como de petición municipal.

        O asesoramento económico-financeiro e orzamentario prestarao o persoal do servizo en función das súas dispoñibilidades persoais, -agás que a peculiaridade da cuestión formulada requira un ditame de expertos alleos-, e versará, entre outras, sobre materias tales como:

-xestión orzamentaria (colaboración na formación dos expedientes de orzamentos, modificacións orzamentarias e liquidación)

-Conta Xeral (as relacionadas con aspectos xurídicos -non as do programa contable-)

-asesoramento en materia de fiscalización de expedientes

-asesoramento en materia de contratación e patrimonio

-mantemento e actualización dos contidos do Portal WEB SAEM Deputación da Coruña, coa  divulgación de contidos económico financeiros (normativos, xurisprudenciais e doutrinais)

-indicadores económicos  e análises orzamentarias

-réxime e expedientes de operacións de endebedamento

-asistencia nos expedientes de ordenanzas fiscais e non fiscais

-plans de disposición de fondos e orzamentos de tesourería

-colaboración e asistencia nos expedientes relativos a plans económicos financeiros e plans de saneamento

-colaboración nas actuacións de control financeiro

 e , en xeral, todas as referidas ao exercicio da actividade económica orzamentaria

        Por outra banda, o Servizo de Asistencia Económica que se propón adoita ter uns obxectivos complementarios moito máis ambiciosos, xa que logo se deseña como canle de información permanente mutua de xeito que a súa funcionalidade e utilidade esixa a intervención de todos os actores implicados, e é por isto que vos pedimos aos concellos o compromiso  da vosa participación activa en beneficio da colectividade dos usuarios, de xeito que entre todos sexamos quen de construír un espazo de colaboración común que sirva de ferramenta para a consecución dunha xestión dos asuntos públicos máis áxil e con garantía.

 

VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO

Presidente da Excma. Deputación Provincial da Coruña

 

JOSÉ RAMÓN RIOBOO CASTRO

Presidente da Comisión de Facenda, Especial de Contas, Recursos Humanos e Avance dixital

 

CRISTINA GARCÍA REY

Presidenta da Comisión de Plans Provinciais e Asistencia Técnica a Concellos

 

 

O Servizo de Orzamentos e Asistencia Económica a Concellos se configura como servizo adscrito á Intervención Xeral.

 

0. INTERVENCIÓN XERAL

José Manuel Pardellas Rivera. Interventor Xeral

José María Pérez Alvariño. Viceinterventor

Juan Bautista Suárez Ramos. Interventor Adxunto

Marcial Rodríguez Toajas. Interventor Adxunto

 

1. PORTAL SAEM  Y XESTIÓN ORZAMENTARIA, ESTABILIDADE, ESTUDOS E INFORMES

María José Vázquez Sesmonde. Xefa de Servizo de Orzamentos e Asistencia Económica a Concellos

Pilar Astray Vázquez. Xefa de Sección II. SAEM

Gerardo Ulfe Calvo. Técnico Financeiro Tributario

María Ángeles Casal Pérez. Xefa de Sección I

Hilda García López. Técnica de Xestión

María del Carmen Dono Gómez. Xefa Negociado I

Beatriz Díaz Canedo. Administrativo

Alberto Vázquez Docampo. Administrativo

 

2.GESTION INCIDENCIAS (SOPORTE) PROGRAMA GINPIX NÓMINAS

María Rosón Porto. Xefa de Sección III. Programa Ginpix Nóminas

Mª Carmen Pardo Fernández. Xefa de Negociado III. Programa Ginpix Nóminas

Cristina Cendán García. Asesor Técnico. Programa Ginpix Nóminas

 

3.GESTION INCIDENCIAS PROGRAMA CONTABILIDADE (SICALWIN Y FIRMADOC) :

SERVICIO DE CONTABILIDADE

Coa finalidade de homoxeneizar os procedementos das solicitudes de asistencia económica dos concellos diferenciando as consultas en función da súa natureza, de forma que permita deixar constancia en todo caso dos seus contidos e pronunciamentos, arbítranse os seguintes procedementos:

a) Procedemento específico e singular en SUBTEL (Asistencia Económica ): Solicitude de informes na área de colaboración económico-financeira e orzamentaria, respecto de asuntos de especial transcendencia ou complexidade que requiran a formalización da resposta mediante a  emisión dun informe específico.

SUBTEL

 

b) Procedemento CAU: Procedemento para a solicitude  de pronunciamento por parte do SAEM sobre consultas que non requiran da formalidade dun expediente administrativo, pero respecto das que se demande a colaboración e asistencia da Deputación para a resolución de dúbidas o como fixación de criterios interpretativos da propia Deputación provincial sobre diversas materias neste ámbito.

Teléfono: 981.080555

soporte.cau@dacoruna.gal

       Engadimos unha pestana de CONTACTO (a modo de caixón de suxestións e remisión de documentación de interese) con dúas finalidades concretas :

Primeira. Recibir as vosas solicitudes de incorporación dos  espazos adicionais de documentación/información, propostas de cursos de formación e calquera outra suxestión en relación, tanto á mellora do contido como á simplificación na formulación dos procedementos desta páxina para fomentar un uso dela sinxelo e útil.

Segunda. Solicitámosvos que nos enviedes calquera documentación (sentenzas, formularios, ditames,  consultas, etc) que estimedes que poida ser de interese para así darlle publicidade e coadxuvar na consecución da finalidade desta páxina.

 

Lembrádevos que o servizo de ASISTENCIA A CONCELLOS complétase cun abano de servizos ofrecidos nas distintas áreas, incluída a económica :

-Área xurídica: asesoramento xurídico e defensa xudicial

-Área contable: asesoramento e resolución de consultas en materia de soporte, programas SICALWIN e FIRMADOC

-Área de xestión nóminas: asesoramento e resolución de consultas en materia de soporte, programas GINPIX

-Área técnica: redacción proxectos, supervisión, asesoramento técnico, colaboración comprobación material investimentos

-Area informática