Xornada sobre ciberseguridade na administración local: ameazas e retos de goberno
Data: 15 de abril do 2024
Lugar: Palacio de Exposicións e Congresos (PALEXCO) da Coruña
Nos últimos meses, fomos testemuñas dunha serie de ciberataques que afectaron a diversas entidades da provincia. Estes incidentes lémbrannos da crecente ameaza á que nos enfrontamos no mundo dixital e a necesidade urxente de fortalecer nosas defensas cibernéticas. En calquera momento unha entidade local pode sufrir un ataque que bloquee completamente os seus servizos e poña en risco a confidencialidade dos datos que almacena.
Este evento reunirá aos máximos responsables das entidades locais da provincia para poder analizar e poñer en común as ameazas e retos de goberno aos que nos enfrontamos para garantir a seguridade da información dos nosos cidadáns e a continuidade na prestación dos servizos públicos.
Escoitaremos o relato da xestión de situacións de cibercrisis contadas por persoas que, como ti, dirixen unha entidade local nesta provincial.
Contaremos coa participación da Xunta de Galicia e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que nos contarán, entre outras cousas, as medidas adoptadas a nivel autonómico e a necesidade de colaboración con iniciativas como as do nodo Ciber.gal.
Tamén teremos a participación do Consello de Contas de Galicia, que nos expoñerá as iniciativas que está a levar a cabo no ámbito da seguridade da información e a protección de datos de carácter persoal.
Dispoñeremos dun momento para comentar en forma de pausa café as nosas impresións con outros dirixentes locais, as nosas inquietudes e puntos de vista sobre esta materia tan importante.
Programa
10:45 - 11:00 Recepción de participantes
11:00 - 11:45 Inauguración da xornada
- José Ramón Rioboo Castro. Deputado Provincial Presidente da Comisión de Facenda, Especial de Contas, Recursos Humanos e Avance Dixital
- Julián Cerviño Iglesia. Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
- Simón Rego Vilar. Conselleiro do Consello de Contas de Galicia
- Valentín González Formoso. Presidente da Deputación Provincial de A Coruña
11.45-12.00 Presentación dos Informes de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade das Deputacións Provinciais galegas.
- Domingo Guerra, Responsable da auditoría do Consello de Contas de Galicia
12:00 - 12:30 Experiencias na provincia en situacións de cibercrise
- Lucía Calvo de la Uz, Alcaldesa de Teo.
- Evencio Ferrero Rodríguez, Alcalde de Carballo.
12:30 - 13:00 Coloquio: reflexións e posta en común