Nesta web de Medio Ambiente atoparás información actualizada sobre as subvencións que convoca cada ano a Deputación da Coruña para entidades e concellos. Así mesmo, poderás ver, e inscribirte, aos cursos de medio ambiente e protección animal que se vaian programando, destinados a calquera persoa con domicilio na Provincia da Coruña. Tamén che daremos conta dos obradoiros infantís que organicemos para nenos e nenas, do boletín de medio ambiente que publicamos cada semana e moita máis información útil...
FOTO AMBIENTAL DA SEMANA
1
27
Participantes no curso, Técnicas de seguimento de fauna silvestre, organizado pola Sección de Medio Ambiente da Deputación da Coruña e destinado a persoal das entidades ambientais da provincia. Foto: Lucía Fernández Ramón, periodista.
A Sección de Medio Ambiente da Deputación da Coruña formou, o 18 e 19 de outubro, ao persoal das protectoras de animais da provincia en cómo tratar aos cans con medo para facilitar a súa adopción
A Deputada Rosa Ana García inaugurando a I Xornada Micolóxica no Pazo de Mariñan na que o público asistente puido observar a grande riqueza micolóxica existente nos terreos do Pazo. Foto: Lucía Fernández Ramón.
Os expertos da Asociación Micolóxica Coruñesa, Fernando Ramos e Mónica Saavedra, preparan a I Xornada Micolóxica no Pazo de Mariñán que organiza a Deputación da Coruña o 11 de outubro de 2025.
Rebeca Atencia, veterinaria do Instituto Jane Goodall nada en Ferrol, remonta un rio do Congo para axudar a un gorila que se atopa en perigo. Foto Instituto Jane Goodall
Alumnos/as do Colexio Nosa Señora do Carme de Fisterra asisten a unha visita guiada por persoal da CEMMA á expo Golfiños na Proa, que a Deputación da Coruña exhibe na localidade
Membros da CEMMA trasladando unha vértebra fusionada de balea azul para a exposición Golfiños na Proa que estará na lonxa de Fisterra ata o 24 de setembro
A veterinaria ferrolá Rebeca Atencia, directora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpounga, buscando solucións cos veciños dun poblado do Congo polos danos que un gorila está a causar nas plantacións de plátanos. Foto Instituto Jane Goodall
Prantación de árbores autóctonas nunha parcela deseucaliptizada, realizada pola Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula con axuda de voluntariado ambiental e fondos económicos achegados pola Asociación e a Deputación da Coruña
Balea azul (Balaenoptera musculus) o animal máis grande do Planeta, nadando en augas galegas. Foto CEMMA (24-08-2025)
Curso, Medo en cans acollidos en protectoras (A Coruña), 18 e 19 de outubro de 2025. Próximamente abrirase o prazo de inscrición.
Pancarta da expo Golfiños na proa que a Deputación da Coruña exhibirá en Fisterra. Posteriormente levarase a Arteixo, Boiro e Melide.
Morcego orelludo gris, especie común en Galicia, moi ligada a construcións. Foto Morcegos de Galicia
Formadora da cooperativa 13 Grados impartindo o obradoiro infantil Mergullando dende a clase, que a Deputación da Coruña levou a 10 colexios da provincia.
Membro da CEMMA preparando a expo Golfiños á proa que exhibirá a Deputación da Coruña en Fisterra, Arteixo, Melide e Boiro a partires de setembro de 2025. Foto Dani Gestoso.
Membro de Morcegos de Galicia instalando unha rede de caixas refuxio para morcegos nos terreos do Pazo de Mariñán, propiedade da Deputación da Coruña
Brigada deseucaliptizadora de Verdegaia retirando eucaliptos para substituílos por especies autóctonas. Verdegaia.
Lixo mariño retirado por Mar de Fábula nunha das limpezas na Costa da Morte. "Non é o noso lixo, pero si é o noso Planeta", aclaran dende Mar de Fábula.
Golfiño común, Delphinus delphis. Este golfiño que tiña moitas dificultades de natación acompañou ao barco durante moito rato chamando a atención. Apareceu varado morto, a necropsia desvelou unha grave afección da súa saúde. Foto: CEMMA
Obradoiro de bioconstrución na ETSAC. Testáronse cerramentos KM cero realizados con materiais naturais e técnicas respectuosas co medio natural, potenciando a adaptación ó lugar e o consumo eficiente, como tecnoloxía para o ben común. Asociación HABITAMOS
Marcando un rato de campo para o proxecto SEMICE (Seguimento de MIcromamíferos Comúns de España). Foto: Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes, G.E.A.S.
Píntega común (Salamandra salamandra) observada durante os traballos de recuperación ambiental dos lavadoiros ulláns. Foto de Miriam Miramontes (asociación AMABUL).
Voluntarios/as de Noia Limpa, na sede da Escola de Surf As Furnas, caracterizando o lixo recollido tras a limpeza da praia de Rio Sieira (Porto do Son). Foto: Noia Limpa
Medio Ambiente
Enderezo: Avenida Porto da Coruña nº2,
15003 A Coruña (Ver mapa)
Teléfono: 981 415 704
email: medioambiente@dacoruna.gal
