Mobilidade sostible
A Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Valdoviño, desenvolve o proxecto de mobilidade "SENDA CICLABLE ENTRE VALDOVIÑO E TARAZA" de conformidade coas resolucións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), entidade dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, formuladas no contexto do Real Decreto 692/2021, de 3 de agosto, polo que se regula a concesión directa de axudas para inversións a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (PROGRAMA DUS 5000), no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
SENDA CICLABLE ENTRE VALDOVIÑO E TARAZA
Esta actuación ten como obxectivo principal fomentar a mobilidade sostible e mellorar a seguridade vial
para peatóns e ciclistas no municipio de Valdoviño. A creación deste itinerario permitirá:
- Crear un corredor seguro e saludable para o tránsito non motorizado
- Conectar núcleos de poboación e puntos de interés natural e turístico
- Poñer en valor o patrimonio natural de Valdoviño, promovendo á súa conservación e o disfrute sostible do medio ambiente
- Reducir a dependencia do vehículo privado e, con elo, a huella de carbono
FINANCIACIÓN EUROPEA: FONDOS NEXT GENERATION
Esta actuación enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) no marco do PROGRAMA DUS 5000 e ten encaixe na inversión C2.I4 (Programa de Rexeneración e Reto Demográfico) do Componente 2, Implementación da Axenda Urbana española do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e na Medida 5. Mobilidade Sostible
O proxecto é financiado pola Unión Europea a través de Fondos NextGenerationEu.
Estes fondos teñen entre os seus objetivos apostar pola descarbonización, invirtindo en infraestructuras verdes, de maneira que se transite dende as enerxías fósiles ata un sistema enerxético limpo, sendo a transición ecolóxica un dos seus catro eixes transversais, todo elo en consonancia co Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) 2021-2030.
