Estás en:Cultura

Santiago de Compostela acollerá, do 1 ao 4 de outubro, unha nova edición de "Mover os Marcos", con conversas, música e espectáculos en directo, concertos falados, humor e cuestionamento social. Nacido en 2024 como un espazo para cuestionar o establecido e dar protagonismo ás voces emerxentes da Galiza, Mover os Marcos presentouse como unha experiencia pioneira de diálogo colectivo. Baixo o lema "Festival para unha vida mellor", esta edición non busca só falar de temas illados, senón abrir un espazo de reflexión sobre as tensións que marcan á mocidade de hoxe: a vivenda, o medio, as identidades ou os dereitos. Son preocupacións actuais que, porén, dialogan coas loitas doutras xeracións, lembrando que cada avance presente é froito das batallas pasadas.