Unha eclipse total: 12 de agosto de 2026

O Servizo de Desenvolvemento Territorial, Sectores Produtivos, Emprego Sostible e Transición Ecolóxica ten entre as súas competencias a concienciación ambiental, a promoción da sustentabilidade e a divulgación científica a través de eventos cidadáns de alto impacto.
O 12 de agosto de 2026, a última hora da tarde, temos a posibilidade histórica de vivir un evento que non se produce en Galicia dende 1912 e que non se repetirá ata 2180.
Este fito ofrece unha oportunidade única para conectar á cidadanía cos ciclos naturais e a protección do medio ambiente mediante unha experiencia colectiva, educativa e dinamizadora do espazo público.
FOLLETO PARA UNHA OBSERVACIÓN SEGURA
-
-
Ligazóns de interese:
- Aplicación web con información local detallada. Ideal para consultar horarios precisos en calquera lugar
- Páxina oficial con información sobre as tres próximas eclipses solares na península ibérica
- Eclipse262728: Aspectos clave para a organización de eventos e festivais de eclipses
- Organización de eventos sostibles
- Prevención e redución da contaminación lumínica
ATENCIÓN!
- O uso de lentes de eclipse é obrigatoria se miramos ao Sol durante a fase de parcialidade.
- De cada vez que observemos coas lentes, non é recomendable facelo máis de 20 segundos seguidos.
Co o obxectivo de maximizar o impacto social da xornada, proxéctase a organización dunha serie de concertos e actuacións musicais tematizadas que acompañarán as fases da eclipse.
PROXIMAMENTE - MÁIS INFORMACIÓN DOS CONCERTOS
A Deputación da Coruña leva a ciencia e a prevención ás escolas rurais ante a eclipse solar:
Coa vista posta no eclipse total de sol do 12 de agosto de 2026, a Deputación da Coruña lanzou esta campaña de divulgación e prevención ambiental nos centros de educación primaria da provincia, con especial foco nos municipios de menos de 20.000 habitantes.
O que inclúe a iniciativa:
- Protección homologada: Distribución de lotes de lentes especiais para a observación solar segura entre o alumnado.
- Guía informativa: Entrega do folleto "Observación SEGURA da eclipse", elaborado en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Nel explícase a importancia de protexer a vista durante as fases de parcialidade.
- Educación e concienciación ambiental: Un chamamento a gozar dos cambios na paisaxe e no contorno natural durante o fenómeno, lembrando a necesidade de respectar o medio e deixar os espazos de observación limpos.
- Recursos dixitais: O material inclúe ligazóns a webs oficiais para consultar horarios e detalles locais.
Con esta acción, a Deputación reafirma o seu compromiso coa divulgación científica, a saúde pública e a educación ambiental, garantindo que a infancia do rural provincial viva este evento histórico de forma segura e responsable.
