Cursos
Aquí atoparás información puntual sobre os distintos cursos, normalmente con dereito a certificado para os alumnos/as que os superen, que irá realizando a Deputación da Coruña en materia de medio ambiente, protección animal, cooperación e axuda ao desenvolvemento.
Estas accións formativas irán destinadas a calquera persoa, maior de idade, con domicilio en calquera concello da provincia da Coruña, aínda que en determinados cursos poderase dar prioridade na selección do alumnado a determinados colectivos. A inscrición nestes poderá facerse dende esta mesma páxina, cubrindo os formularios que se habilitarán cando se abra o prazo de inscrición de cada curso.