A última semana de agosto de cada ano celébrase en máis de 30 países a Noite Europea dos Morcegos. A Deputación da Coruña únese a esta efeméride e celebrará no solpor do 29 de agosto de 2025 unha NOITE DE MORCEGOS, nos xardíns e no bosque do Pazo de Mariñán (Concello de Bergondo).
Rede de caixas refuxio para morcegos no Pazo de Mariñán
En Galicia hai identificadas 25 especies de morcegos das que 11 están en perigo e incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, o que o converte no grupo de vertebrados con maior representación nesta listaxe.
Mais información
Exposición, Golfiños na proa en catro vilas da provincia da Coruña
-Fisterra, do 10 ao 24 de setembro de 2025.-Arteixo, do 3 ao 15 de outubro de 2025.-Boiro, do 17 de outubro ao 4 de novembro de 2025.Melide, do 14 ao 27 de novembro de 2025.
Galicia é moi rica na diversidade de cetáceos. Nada menos que 24 especies de odontocetos (cetáceos con dentes) como toniñas, arroaces, candorcas, cachalotes... e misticetos (cetáceos con barbas) como rorcuais comúns, baleas azuis,... Isto fai que os nosos mares se parezan aos que rodean as illas, cunha variedade moito maior de cetáceos ca as augas que bordean os continentes.
Pode que atopes interesante algún destes contidos:
Páxinas
Novas