Estás en:Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica Plan de Mobilidade Provincial

Plan de Mobilidade Provincial

Co Plan de Mobilidade Provincial á Deputación da Coruña dispón dun instrumento de planificación e deseño que lle permite, a través do fomento do uso da bicicleta na provincia da Coruña, o desenvolvemento de medidas por e cara a unha mobilidade máis sostible, respectuosa co medio ambiente e enerxeticamente eficiente.

PROXECTOS DE MOBILIDADE PROMOVIDOS POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

 

       

 

A Deputación da Coruña, de conformidade coas resolucións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), entidade dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, formuladas no contexto do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, desenvolve os seguintes proxectos de mobilidade incluídos no Plan Director de Mobilidade Ciclista da Deputación da Coruña:

 

1. VÍA VERDE SANTIAGO – OROSO – ORDES – CERCEDA - TORDOIA

Proponse a execución de varias sendas-bici para a implantación da “Vía Verde” entre Santiago e Tordoia, aproveitando a infraestrutura do ferrocarril en desuso, de acordo con os seguintes proxectos:

 

  • VÍA VERDE TRAMO I (Oroso)
  • VÍA VERDE TRAMO II (Ordes)
  • VÍA VERDE TRAMO III (Cerceda e Tordoia)

 

En liña coas determinacións das Directrices de Ordenación do Territorio vixentes en Galicia, cando non sexa posible o uso das infraestruturas ferroviarias en desuso para outro tipo de servizos ferroviarios, contemplarase o seu aproveitamento para dar soporte á mobilidade alternativa ao coche.

 

Obxectivos establecidos:

  • Aproveitar a infraestrutura ferroviaria en desuso de Galicia para o desenvolvemento de Vías Verdes.
  • Dar continuidade ao eixo primario A Coruña – Santiago de Compostela.
  • Ofrecer unha alternativa a mobilidade comarcal.
  • Poñer en valor e conservar a infraestrutura ferroviaria existente tal cal foi concibida, de maneira que se recoñeza o seu valor patrimonial como infraestrutura histórica.
  • Contribuír ao aforro de enerxía e á redución das emisións de gases contaminantes (5,3%).

 

Estes 3 proxectos puideron realizarse con financiamento europeo FEDER.

 

Por Resolucións do IDAE estimáronse favorablemente as solicitudes de axudas á deputación provincial da Coruña titular de CIF: P1500000C, formuladas no contexto do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, modificado polo Real Decreto 1516/2018, do 28 de decembro e o Real Decreto 316/2019, do 26 de abril:

 

Nº PROXECTO IDAE

DENOMINACIÓN DO PROXECTO

CONCELLOS

IMPORTE PROXECTO

ACHEGA FEDER

ACHEGA DEPUTACIÓN

FEDER-EELL-2019-000712

VÍA VERDE TRAMO 1

OROSO

619.669,90 €

495.735,92 €

123.933,98 €

FEDER-EELL-2019-000713

 VÍA VERDE TRAMO 2

ORDES

706.977,30 €

565.581,84 €

141.395,46 €

FEDER-EELL-2019-000717

VÍA VERDE TRAMO 3

CERCEDA / TORDOIA

998.980,00 €

799.184,00 €

199.796,00 €

 

 

 

2. SENDA CICLABLE Z.E.C. ABEGONDO – CECEBRE

Dadas as oportunidades que presenta, por unha banda os eixos de vías ciclistas xa executados que terminan nas inmediacións do encoro de Cecebre (vía ciclista do Burgo), a riqueza ambiental e paisaxística da contorna, a súa localización estratéxica desde o punto de vista da mobilidade ciclista ao atoparse no medio dos eixos que conectan A Coruña – Santiago de Compostela e A Coruña – Ferrol; considerouse prioritario acometer as actuacións necesarias para dotar de sendas-bici adecuadas que permitan potenciar e dinamizar a mobilidade ciclista nos municipios limítrofes: Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre e Carral,. Esta proposta constitúe ademais unha extensión do carril bici metropolitano da Coruña á contorna inmediatamente próxima dos devanditos concellos. Os proxectos que se realizaron foros os seguintes:

 

  • SENDA CICLABLE Z.E.C. ABEGONDO – CECEBRE TRAMO 1 (Abegondo, Betanzos, Bergondo e Carral)
  • SENDA CICLABLE Z.E.C. ABEGONDO – CECEBRE TRAMO 2 (Abegondo e Carral)
  • SENDA CICLABLE Z.E.C. ABEGONDO – CECEBRE – CONEXIÓN CON CARRAL (Abegondo e Carral)

 

Obxectivos establecidos:

  • Poñer en valor a contorna do encoro de Cecebre.
  • Dar unha solución integral á mobilidade ciclista na contorna do encoro de Cecebre.
  • Constituír o encoro de Cecebre como nodo de conexión entre distintos Concellos.
  • Conectar o eixo primario A Coruña – Santiago de Compostela co eixo primario A Coruña – Ferrol, a través do encoro da conexión Carral – Cecebre – Betanzos.
  • Contribuír ao aforro de enerxía e á redución das emisións de gases contaminantes (5,3%).

 

Estes 3 proxectos puideron realizarse con financiamento europeo FEDER.

 

Por Resolucións do IDAE estimáronse FAVORABLEMENTE as solicitudes de axudas á Por Resolucións do IDAE estimáronse favorablemente as solicitudes de axudas á deputación provincial da Coruña titular de CIF: P1500000C, formuladas no contexto do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, modificado polo Real Decreto 1516/2018, do 28 de decembro e o Real Decreto 316/2019, do 26 de abril:

 

 

Nº PROXECTO IDAE

DENOMINACIÓN DO PROXECTO

CONCELLOS

IMPORTE PROXECTO

ACHEGA FEDER

ACHEGA DEPUTACIÓN

FEDER-EELL-2019-000718

SENDA CICLABLE Z.E.C. ABEGONDO – CECEBRE TRAMO 1

ABEGONDO / BERGONDO / BETANZOS / CARRAL

837.091,60 €

669.674,00 €

167.417,60 €

FEDER-EELL-2019-000716

SENDA CICLABLE Z.E.C. ABEGONDO – CECEBRE TRAMO 2

ABEGONDO  /  CARRAL

802.924,60 €

642.339,68 €

160.584,92 €

FEDER-EELL-2019-000711

SENDA CICLABLE Z.E.C. ABEGONDO – CECEBRE – CONEXIÓN CON CARRAL

ABEGONDO / CARRAL

572.297,30 €

457.838,00 €

114.459,30 €

 

Todas estas actuacións inclúense no Obxectivo Específico 451. Mobilidade urbana sustentable: Transporte urbano limpo, transporte colectivo, conexión urbana-rural, mejoras red viaria, transporte ciclista e desenvolvemento de sistemas de suministro de enerxías limpas. Medida 08: Implantación de Plans de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS) ou plans directores de mobilidade, da convocatoria de Economía Baixa en Carbono do IDAE e contan cunha financiación do fondo europeo FEDER do 80%.

Enlaces de interese:

https://www.idae.es/home

https://www.miteco.gob.es/es/

https://ec.europa.eu/regional_policy/index.cfm/es/