Estás en:Economía e facenda Control financeiro

Control financeiro

Xornada formativa: Plan PREMADECOR da Deputación Provincial da Coruña

Prazo aberto para a inscrición

I. PERSOAS DESTINATARIAS.

 

  • Persoas que exerzan algún cargo representativo nas entidades locais da Provincia.
  • Persoal funcionario e laboral
  • Persoas interesadas en xeral.

 

II. DATAS E LUGARES NOS QUE SE VAI A IMPARTIR.

 

1ª.- 06/10/2022,  xoves: Casa da Cultura de  ORTIGUEIRA (Para os concellos do territorio que abrangue o Partido xudicial de Ferrol).

 

2ª.- 26/10/2022, mércores:  Casa da Cultura de Teixeiro- CURTIS (Para os concellos do territorio que abranguen os Partidos xudiciais de A Coruña e Betanzos).

 

3ª.- 22/11/2022, martes: Auditorio de Baio- ZAS (Para os concellos do territorio que abranguen os Partidos xudiciais de Carballo e Corcubión).

 

4ª .- 29/11/2022, martes: Casa de Cultura de LOUSAME ( Para os concellos do territorio que abanguen os Partidos xudiciais de Santiago e Noia).

 

III. ORDE DO DÍA, CONTIDO DAS SESIÓNS E RELATORES.

 9.30:  Saúdo inicial e presentación da xornada:  

Titular da  Presidencia da Deputación ou persoa deputada na que poida delegar, conselleiro da Área de corporacións locais,   titular da Alcaldía do concello respectivo e persoas deputadas que tiñan sido elexidas polo partido ou partidos xudiciais correspondentes.

10.00- 11.30.  Relatorio titulado  "Fomento de marcos de integridade pública na xestión  NGEU e o papel de colaboración do Consello de Contas coas entidades locais de Galicia".

Sr. Don Simón Rego Vilar,  Conselleiro do Consello de Contas de Galicia, Área de Corpotacións locais.

11.30-12.00: Pausa-café.

12.00- 13.30. Relatorio titulado “Os procedementos de contratación para a xestión dos fondos NGEU: especialidades e cláusulas a introducir no prego de cláusulas administrativas particulares”.

Sr. DON LUIS JAIME RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Xefe do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación da Coruña.

13.30 – 14.00: Coloquio

14.00- 16.00  PAUSA-COMIDA.

16.00-17.30. Relatorio titulado  “O canle de bo goberno e denuncias. Comentarios ao anteproxecto de Lei de protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de protección contra a corrupcion”.

 SR. DON MIGUEL IGLESIAS MARTÍNEZ, Oficial Maior da Deputación da Coruña.

17.30- 19.00: Relatorio titulado “ O Plan PREMADECOR da Deputación da Coruña: medidas preventivas, de detección, correctivas e de persecución. A instrución dos procedementos de reintegro e sancionadores”

 SR. DON JUAN BAUTISTA SUÁREZ RAMOS, Interventor adxunto da Deputación da Coruña.

19.00- 19.30: Coloquio e entrega de diplomas de certificados de asistencia.

IV. INSCRICIÓN E CERTIFICADOS ACREDITATIVOS DE ASISTENCIA.

As persoas interesadas en inscribirse en calquera das edicións destas xornadas, deberán instar a inscrición con dez días de antelación a data prevista, mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo control.financeiro@dacoruna.gal . No correo deberán indicar os datos necesarios pàra poder expedir posteriormente o certificado de asistencia:  nome, apelidos e DNI), o cargo ou posto de traballo que ocupan e o concello de procedencia.

O certificado de asistencia será expedido ao remate de cada xornada a prol das persoas que teñan asistido a todos os relatorios.