Estudo de necesidades formativas
Advertencia: Antes de cubrir a enquisa, recoméndase a consulta das instruccións que se indican de seguido para facilitar a súa correcta contestación.
INSTRUCCIÓNS XERÁIS:
Para encher os datos da enquisa anual de necesidades formativas na plataforma de Xestión Telemática Subtel:
- O primeiro que ten que introducir para acceder á plataforma SUBTeL é o seu usuario e contrasinal do Directorio Público:
- Se vostede é un usuario da Deputación, vaia ao enlace de "usuarios deputación". Prema na opción "Enquisa".
- Se vostede é un usuario dunha Entidade Local , vaia ao enlace de "usuarios entidades". Prema na opción "Enquisa".
Advertencia de requisito de acceso á plataforma SUBTel:
Lembre que para poder acceder á Plataforma Subtel ten que estar de alta no Directorio Público Local. Se non coñece o seu Usuario e Contrasinal, pode solicitalo ao Responsable de Administración Electrónica da súa Entidade. Se precisa soporte, pode contactar co CAU da Deputación no 981415555 ou no enderezo soporte.cau@dacoruna.gal.
INFORMACIÓN SOBRE O CONTIDO E FINALIDADE
DAS ENQUISAS DE NECESIDADES DE FORMACIÓN:
Esta enquisa de necesidades de formación, por una parte, da cumprimento ao establecido nos artigos 2, 5, 12.a) e 17 do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas de 9 de marzo de 2018, publicado pola Resolución de 21 de marzo de 2018, da Secretaría de Estado de Función Pública, no BOE núm. 74 de data 26/038/2018 (en adiante, acordo de formación continua nas AAPP), e por outra, permite a preparación por parte da Sección de formación da Deputación da Coruña, da documentación complementaria necesaria para poder participar na convocatoria anual de subvencións da Escola galega de Administración Pública (EGAP), destinadas ao financiamento dos plans de formación das entidades locais galegas, no marco do indicado acordo de formación continua nas AAPP.
A enquisa anual de necesidades formativas estrutúrase en tres tipos de enquisas:
- unha enquisa INDIVIDUAL de necesidades formativas: destinada a recoller aquelas necesidades de ámbito inidividual a cubrir por cada persoa empregada pública local participante nesta enquisa.
Neste tipo de enquisa poderán participar todas as persoas empregadas públicas locais pertencentes ás entidades locais adheridas ao plan de formación agrupado para o emprego público local (formación continua) da Deputación Provincial da Coruña.
- unha enquisa COLECTIVA de necesidades formativas: destinada a recoller aquelas necesidades de ámbito colectivo a encher por determinadas persoas titulares de postos de traballo de ámbito directivo, de dirección de centro/unidades ou da xefatura de servizo, en relación co seu respectivo ámbito funcional e organizativo.
Neste tipo de enquisa poderán participar todas as persoas empregadas públicas locais pertencentes ás entidades locais.
- unha enquisa SINDICAL de necesidades formativas: destinada a recoller aquelas necesidades de ámbito colectivo e sindical a cubrir por determinadas persoas representantes sindicais membras de mesas de formación, na súa condición de órganos paritarios no ámbito da formación para o emprego público local (formación continua), en relación co seu respectivo ámbito de actuación sindical.
INSTRUCCIÓNS ESPECÍFICAS:
- En calquera dos tipos de enquisa (individual, colectiva ou sindical) cada persoa empregada pública destinataria da enquisa pode propoñer un máximo de cinco accións formativas que estime de interese persoal, para a entidade local onde traballa ou para algún colectivo.
- Na primeira pestana terá que encher os seus datos persoais. Disporá de outras 5 pestanas de "proposta" para cubrir a información de cada acción formativa que lle interese propoñer.
- Non esqueza premer nos botóns de "gardar" a medida que vaia cubrindo campos de texto.
- Importante: Non prema no botón "enviar enquisa" ata que finalice de encher todas as pestanas.
INFORMACIÓN ADICIONAL E DOCUMENTACIÓN DE AXUDA:
Para facilitar a cobertura e selección dos datos destas enquisas de necesidades de formación ponse a disposición das persoas destinatarias das mesmas, a seguinte información e documentación de axuda, á que se accede pinchando no recadro da respectiva enquisa (individual, colectiva ou sindical) que aparecen a continuación:
