Plan de Formación Agrupado 2026
1ª CONVOCATORIA DO PLAN DE FORMACIÓN AGRUPADO 2026
ATENCIÓN: Aberto o prazo para a presentación de solicitudes ás accións formativas / aos cursos de formación da primeira convocatoria do Plan de Formación Agrupado 2026 que organiza a Deputación Provincial da Coruña e que van dirixidas / os ao persoal funcionario e laboral das entidades locais da provincia que asinaron a súa adhesión ao dito plan. O prazo de inscrición ábrese o martes, 19 de maio ás 09:00 horas, e remata o luns, 25 de maio ás 23:59 horas.
Para calquera cuestión poderase poñer en contacto coa Sección de Formación:
- Enderezo electrónico: formacion@dacoruna.gal
- Teléfonos: 981 415 810 / 981 415 824 / 981 415 825 / 981 415 826
Información xeral do plan
- Resolución da Presidencia núm. 2026/22410, do 14 de maio do 2026, pola que se aproban as accións formativas do Plan de Formación Agrupado do ano 2026 da Deputación Provincial da Coruña
- Resolución da Presidencia núm. 2026/23191, do 20 de maio de 2026, pola que se rectifican erros na resolución número 2026/22410, de data 14 de maio de 2026, polo que se aproban as accións formativas, xunto coas bases xerais reguladoras e compensacións horarias engadidas no Plan de formación agrupado do ano 2026 da Deputación Provincial da Coruña
- Bases Reguladoras do Plan
- Compensacións horarias dos cursos presenciais do Plan agrupado 2026 (só persoal da Deputación)
Primeira convocatoria
- Resolución da Presidencia núm. 2026/22482, do 15 de maio do 2026, pola que se aproban as accións formativas e bases reguladoras da 1ª convocatoria do Plan de Formación Agrupado do ano 2026 da Deputación provincial da Coruña
- Resolución da Presidencia núm. 2026/23192, de 20 de maio de 2026, pola que se rectifican os erros na Resolución número 2026/22482, de data 15 de maio de 2026, pola que se aproba a Primeira convocatoria das accións formativas, xunto coas bases reguladoras específicas e compensacións horarias engadidas no Plan de formación agrupado do ano 2026 da Deputación Provincial da Coruña
- Compensacións horarias dos cursos presenciais da 1ª convocatoria (só persoal da Deputación)
- Cadro de accións formativas / cursos de formación que se van a realizar na 1ª convocatoria
Para facilitar a presentación da documentación relativa aos outros criterios de preferencia, participación e/ou adaptación, se inserta a continuación un ficheiro editable para a súa cumprimentación.
Este documento titulado "DECLARACIÓN sobre a aplicación doutros criterios en relación coa selección de participantes na acción formativa / curso de formación que se indica", unha vez cumprimentado e convertido en PDF,deberá sere asinado pola persoa solicitante, e presentarse na solapa de "DOC.ADICIONAL / EMENDAS" da súa solicitude.
Plan de formación cofinanciado por:

