Foro mocidade

O foro 'O papel da mocidade na crise democrática', celébrase o 25 de setembro no CSC Maruxa e Coralia, en Santiago

Como se espallan os discursos de odio nas redes sociais? Está a medrar o pensamento de extrema dereita entre parte da mocidade? Que rol ten a xente nova no fortalecemento do sistema democrático? Estas son algunhas das cuestións que se tratarán no primeiro foro de Praza na ágora, un encontro organizado pola área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña en colaboración coa Fundación Praza Pública, editora de Praza.gal. Terá lugar o 25 de setembro no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, (Praza de Salvador Parga, 4) en Santiago, dende as 11:30.

Este primeiro foro leva por título O papel da mocidade na crise democrática e partirá dunha realidade cada vez máis presente no debate público: a percepción de que unha parte da xente nova vive con desencanto o momento histórico actual; unha situación que diferentes estudos relacionan cun aumento da polarización e do apoio a opcións políticas extremas. A partir desta reflexión, o foro pretende analizar as causas deste fenómeno e explorar tamén as oportunidades que ofrece a participación da mocidade na construción dunha democracia máis sólida e inclusiva.

PNA Cartaz-1.jpgPNA Programa A5-1.jpg

deputacion-foro-democracia-22-setembro-2026.jpg