Subvencións
Programa FO208/2026 – Programa de subvencións a concellos para financiar a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos, a realización de actividades e sinalización de espazos de recuperación de la memoria democrática, para o ano 2026,
A Deputación da Coruña convoca o Programa FO208/2026, dirixido aos concellos da provincia con menos de 10.000 habitantes, para apoiar actuacións relacionadas coa supresión da simboloxía franquista, a recuperación da memoria democrática e a sinalización de espazos de homenaxe.
Publicación oficial
Bases reguladoras: BOP nº 41, do 3 de marzo de 2026.
Extracto da convocatoria: BOP nº 45, do 9 de marzo de 2026.
Obxecto da subvención
As axudas destínanse a financiar:
- Retirada de escudos, placas, insignias, estatuas ou mencións de exaltación franquista, e restauración do ben municipal afectado.
- Actividades de divulgación da memoria democrática: charlas, cursos, congresos, publicacións, exposicións, etc.
- Sinalización e mantemento de espazos de memoria, incluíndo placas e paneis informativos (co logotipo da Deputación e a frase obrigatoria "Vítimas do golpe de estado fascista de 1936").
- Actos de homenaxe e recoñecemento público ás vítimas da represión entre 1936 e 1978.
Ámbito temporal
As actividades obxecto deste programa deben realizarse no periodo comprendido entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 31 de decembro de 2026.
Contía das axudas
- Importe subvención a conceder: mínimo 3.000 €, máximo 10.000 €.
- Importe do orzamento de gastos: mínimo 3.750 €, máximo 12.500 €.
- Porcentaxe subvencionable: entre o 20% e o 80% do gasto total.
- Só se admiten gastos correntes (non investimentos).
Conceptos de gasto
- 600 Compras de bens destinados á actividade (material non inventariable)
- 607 Traballos realizados por outras empresas para o desenvolvemento da actividade
- 621 Arrendamentos
- 622 Reparación e conservación de equipamento ou material
- 623 Servizos de profesionais independentes
- 627 Publicidade e propaganda
- 640 Soldos e salarios vinculados á actividade subvencionada
- 642 Seguridade Social a cargo da entidade vinculada á actividade subvencionada
Prazo de solicitude
Do 16 de marzo de 2026 ás 08:00 h ao 16 de abril de 2026 ás 14:00 h.
A tramitación realizarase exclusivamente a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación: https://sede.dacoruna.gal
Beneficiarias
Concellos da provincia da Coruña con menos de 10.000 habitantes que cumpran os requisitos das bases e da Ordenanza Xeral de Subvencións.
Documentación destacada
- Memoria descritiva do proxecto.
- Anexo fotográfico dos elementos a retirar ou do espazo a sinalizar.
- Certificacións de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social (ou autorización de consulta).
- Acordo municipal de solicitude.
- Acreditación da delegación da Alcaldía/Presidencia
- Declaracións: cumprimento de requisitos, compromiso coa lingua galega e non sexista, difusión, comprobación delitos contra a liberdade sexual no caso de actividades que implique o contacto con menores.
Obrigas principais
- Uso da lingua galega en toda a comunicación e materiais.
- Difusión do apoio da Deputación en todos os soportes.
- Invitación á Deputación aos actos de inauguración ou homenaxe.
