Circuíto en Igualdade
A promoción da igualdade entre mulleres e homes constitúe un dos piares fundamentais para a Deputación da Coruña na construción dunha sociedade democrática, inclusiva e xusta. Co obxectivo de espallar estes valores por todo o territorio, poñemos en marcha o Circuíto en Igualdade, un amplo programa de actividades culturais, pedagóxicas e formativas deseñado especificamente para responder ás realidades dos concellos da provincia, especialmente aqueles con menos de 20.000 habitantes.
O programa divídese en dous grandes bloques de intervención que abarcan desde as idades máis temperás ata o público adulto, pasando por un foco especial na mocidade e na inclusión:
Actividades para o público infantil
Cunha atención especial aos concellos máis pequenos da provincia, porase en marcha unha programación lúdica e educativa que sumará un total de 57 funcións e obradoiros:
- "A máquina do tempo das científicas", de Trémola Teatro.
- "Aventuras con mulleres científicas", de All Know Education.
- "Planeta LGTBIQ+", de A Trastenda dos Contos.
- "Príncipas e princesos", de Pablísimo.
- "Novos lobos", de Fantoche Teatro.
- "Travesía unicornio", de Ghazafelhos.
- "Vicky e a felicidade", de Bandullo Azul.
- "Asdomare", de Rilo&Penadique.
Actividades para público adulto e sector educativo
O circuito contará cunha oferta variada que inclúe artes escénicas, obradoiros específicos de inclusión e proxectos de intervención comunitaria para as idades adultas e os Institutos de Educación Secundaria.
Un total de 25 funcións de teatro para público adulto repartidas en pezas de referencia:
- "A serea mariña", de AMBAR – 7 funcións.
- "As aventuras de Nabiza Girl: O estraño caso da Cultura Minguante", de Culturactiva – 7 funcións.
- "As Damas de Ferrol", de Teatro do Noroeste – 4 funcións.
- "As formas do amor", de Verdeveras – 4 funcións.
- "Mulleres que viven soas", de Berrobambán – 3 funcións.
Un amplo programa de obradoiros e proxectos de intervención comunitaria centrados na formación, inclusión e sensibilización social:
- "Creando e sentindo", de Nova Xestión Cultural – Talleres artísticos e de expresión dirixidos a público adulto con discapacidade intelectual.
- "Referentes", de ALAS Coruña – Actividade de intervención en institutos onde o alumnado traballará arredor de figuras destacadas do colectivo LGTBI+ para concluír nunha mostra artística conxunta.
- "En carne viva", de Bengala Teatro Físico – Programa formativo e escénico para a mocidade que inclúe funcións de teatro con mediación e obradoiros.
Con este investimento e despregamento de actividades, a Deputación da Coruña reafirma o seu compromiso con dar cumprimento aos obxectivos de transversalidade de xénero, coeducación e fomento da diversidade en todo o territorio provincial.
