Preguntas Frecuentes
¿Cómo saber se o meu equipo ten o necesario para a presentación da solicitude?
Realice unha sinatura de proba na páxina de requisitos informáticos para ver se o seu equipo está preparado.
¿Que pasos hai que dar para presentar unha solicitude de subvención?
Para presentar unha solicitude de subvención, vostede terá que seguir tres pasos:
1.- Rexistro como usuario:
Para completar este paso é necesario contar cunha dirección de correo electrónico. A dirección de correo electrónico utilizada para realizar o rexistro non poderá variar durante o tempo de tramitación da subvención (dende a solicitude ata a xustificación e pago). A Deputación dirixirá todas as comunicacións derivadas da xestión da subvención a dita dirección de correo electrónico. (¿Cómo crear unha conta de correo en gmail?,¿Cómo facelo en yahoo?)
- Se vostede pertence a unha entidade ou asociación deberá rexistrarse como usuario na plataforma de presentación telemática de solicitudes de subvención. O proceso de rexistro é gratuíto e sinxelo, similar ao que se segue para rexistrarse como usuario en calquera outra web.
- Os concellos non precisan facer este rexistro xa que dispoñen dun usuario único e un contrasinal que se lle enviou por correo electrónico ao secretario/a do concello.
2.- Entrada e introducción de datos:
Na plataforma de presentación telemática de solicitudes de subvención, e utilizando o seu nome de usuario rexistrado e o seu contrasinal, vostede deberá cubrir os formularios de solicitude da subvención e achegar a documentación correspondente.
3.- Confirmar a solicitude:
Deberá confirmar a solicitude da subvención antes do fin do prazo de presentación de solicitudes utilizando a súa firma electrónica. Para iso será necesario que vostede dispoña de DNI electrónico, dun certificado dixital da FMNT ou dun certificado dixital de empregado público. Nesta convocatoria NON se poderá presentar a solicitude de subvención por otro medio que non sexa o telemático.
Non se considerará válida a solicitude de ningunha subvención para a que non se fixeran os tres pasos anteriores dentro do prazo de presentación de solicitudes.
Non se considerará válida a solicitude de ningunha subvención cuxos datos non se cubrisen a través da plataforma de presentación telemática de solicitudes de subvención.
Pode consultar a documentación presentada nas charlas no seguinte ligazón
¿É imprescindible posuír un certificado dixital para solicitar unha subvención?
SI, a partir da convocatoria de subvencións 2014, é imprescindible posuír un certificado dixital para poder solicitar unha subvención á Deputación.
¿Como óbter un certificado dixital?
Pode consultar as instruccións de cómo obter un certificado dixital no Soporte Informático da plataforma
¿Cómo asinar electrónicamente un arquivo en formato PDF?
Co cliente de firma de escritorio, na funcionalidade de firma (opción por defecto), eleximos o arquivo, eleximos o formato de firma PAdES e prememos no botón "Firmar". Podes ver cómo no titorial de incorporación de documentación asinada dixitalmente .
¿Qué facer se unha vez presentada a solicitude, vostede reciba unha notificación indicando erros ou eivas na súa solicitude de subvención e requirindo a súa solución?
Ten que presentar unha emenda. Pode consultar as indicacións para a presentación de emendas do Soporte Informático da plataforma
¿Onde obter máis información da plataforma?
O Centro de Atención a Usuarios da Deputación Provincial da Coruña pon a súa disposición na páxina web o soporte informático da plataforma de presentación telemática de solicitudes de subvención