Leis estatal e autonómica de Protección Animal. Novidades e problemas prácticos (COD. 2501)
Sede/Modalidade:
En liña.
Duración:
30 horas lectivas.
Datas:
O curso estará aberto do 5 de maio ao 6 de xuño.
Prazas:
50 prazas.
Destinatarios/as:
Persoas con domicilio na Provincia da Coruña que formen parte da directiva dunha asociación protectora
de animais.
Outras persoas, con domicilio na Provincia da Coruña, interesadas na protección animal.
Obxectivos:
- Coñecer as novidades da Lei 4/2017 de protección animal de Galicia e da Lei 7/2023 de protección animal estatal.
- Saber como se regulan as colonias felinas na Lei 4/2017 de protección animal de Galicia.
- Identificar a regulación das colonias felinas na Lei 7/2023 de protección animal estatal.
- Coñecer en que medida obriga a lei estatal de protección animal a realizar un seguro obrigatorio para cans.
- Saber onde se regula o carné para ter cans e cando se aplicará.
- Identificar o que di a lei estatal de protección estatal sobre as obrigas para a tenza e/ou paseo de cans considerados potencialmente perigosos.
- Saber que lei de protección animal prevalece sobre a outra.
Contido:
- Principais novidades da Lei de protección animal de Galicia.
- Novas definicións que regula a Lei estatal de protección animal.
- Animais excluidos na Lei de protección animal estatal.
- Que di a Lei estatal de protección animal sobre os cans PPP (tenza, paseo, medidas de seguridade na casa...)
- Regulamento das colonias felinas e esterilización obrigatoria de todos os gatos na nova lei estatal de protección animal.
- Curso e seguro obrigatorio para a tenza de cans, segundo a Lei estatal de protección animal.
- Conflito competencial entre a lei estatal e a lei galega.
Certificado:
O alumno/a que visualice completamente todas as leccións e realice, coa puntuación mínima que se estableza, todos os test e probas das que conste a acción formativa, terá dereito a certificado de “participación” no curso.
As persoas con dereito a certificado de participación que, ademais, superen a proba global final terán dereito a certificado de “participación con aproveitamento”.