Estás en:Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica Medioambiente Cursos Residuos urbanos: xestión e que facer para reducir o seu impacto (COD. 2502-01)

Residuos urbanos: xestión e que facer para reducir o seu impacto (COD. 2502-01)

Sede/Modalidade:

En liña.

Duración:

30 horas lectivas.

Datas:

O curso estará aberto do 8 de maio ao 13 de xuño.

Prazas:

40 prazas.

Destinatarios/as:

Persoas con domicilio na Provincia da Coruña interesadas na materia do curso.

Obxectivos:

  • Coñecer os diferentes tipos de residuos e o seu no medio ambiente.
  • Saber como se realiza a xestión e o tratamento dos residuos.
  • Promover prácticas sostibles nos domicilios.

Contido:

  • Introdución á problemática dos residuos.
  • Clasificación e tipo de residuos.
  • Normativa e políticas ambientais aplicables.
  • Estratexias para a redución, reutilización e reciclaxe.
  • Impacto ambiental e beneficios dunha xestión axeitada.
  • Casos prácticos para a aplicación na vida diaria.

Certificado:

O alumno/a que visualice completamente todas as leccións e realice, coa puntuación mínima que se estableza, todos os test e probas das que conste a acción formativa, terá dereito a certificado de
“participación” no curso.
As persoas con dereito a certificado de participación que, ademais, superen a proba global final terán dereito a certificado de “participación con aproveitamento”.