Histórico

Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda

17Maio_Web.jpg

A Deputación da Coruña ofreceu unha programación anual con motivo do Día das Letras Galegas 2025, adicado á poesía popular oral e protagonizado cinco mulleres cantareiras, todas elas da provincia da Coruña: Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños.

  • Presentacións do Cancioneiro galego serodio 1989 – 2011 de Xabier Díaz nos meses de abril e maio en Trazo, Dodro, Carballo e Vimianzo.
  • Concertos Efémeras de Cantometrics no mes de maio en Noia, Carballo e Ortigueira.
  • Concertos de Zavala + Atalaias de Caión en outono.
  • Concerto das pandeireteiras de Xacarandaina en Fisterra, Betanzos, San Sadurniño e Arteixo.
  • Concertos polo 25 aniversario de Donaire en Mazaricos, Melide, As Pontes, Teo e Ribeira.
  • Proxección do documental Lévame a idea de Navíos e folerpas en 10 concellos.
  • Representacións teatrais de Tanxarina + A Biblioteca Galáctica Contra a IA Fantástica en Rois e Cabana de Bergantiños.
  • Contacontos ilustrados e musicados da obra Cantareiras. Poesía popular nas letras galegas para nenos e nenas de infantil e primaria.
  • Presentación do Manual de boas prácticas para o marco legal e de xestión da música de tradición oral.
  • Adquisición dos libros Pandereteiras de Mens (Beatriz Busto Miramontes); Cancioneiro galego serodio 1989 – 2011 (Xabier Díaz) e A biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica (Carlos Labraña) para repartir en diferentes puntos da provincia.

 

Programación completa

 

STORYS INSTAGRAM.pngLuísa Villalta

Coruñesa do ano 1957, licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa e Hispánica pola USC.

Ademais, era titulada superior en violín e formou parte da Orquestra Xove de Galicia e da Orquestra de Santiago de Compostela, así como doutros grupos de cámara.

Foi unha escritora prolífica e versátil, autora de poesía, narrativa, ensaios, pezas dramáticas, textos xornalísticos e tradutora. Paralelamente á súa traxectoria como autora, desenvolveu unha intensa actividade cultural. Participou en seminarios, recitais de poesía, deu conferencias e colaborou en numerosas publicacións periódicas.

 

 

Letras galegas 2022

Florencio Delgado Gurriarán

 

 

 

Máis información en youtube