
As palabras da ciencia
A pandemia da covid-19 puxo o foco sobre a importancia que ten para a nosa sociedade o coñecemento científico. A ciencia é unha das pancas que posibilita o progreso e que contribúe decisivamente a mellorar a calidade das nosas vidas.
A campaña de dinamización lingüística As palabras da ciencia (desenvolta entre os anos 2021 e 2023) quixo servir de escaparate do labor tantas mulleres e homes que traballan en diferentes materias científicas no noso país e en galego, pois na nosa lingua tamén se constrúe a ciencia.

As palabras da ciencia