Estás en:Lingua Programas e campañas de dinamización lingüística Grupos de conversa en galego Falarmos... nós!

Grupos de conversa en galego Falarmos... nós!

Grupos de conversa.png

Esta rede provincial de grupos de conversa en galego busca fomentar o uso oral da lingua entre persoas que a coñecen pero non a empregan habitualmente, ben por falta de apoio no seu entorno social ou ben por seren persoas chegadas de fóra que aínda están en proceso de aprendizaxe.

Os grupos de conversa xeran contornas seguras nas que perder o medo a falar e recuperar a confianza no uso do galego, fóra de contextos formais ou académicos. Non son clases de lingua, pois non se impartirán contidos gramaticais nin ortográficos, senón que se fomentará a práctica da conversa nun ambiente seguro e participativo.

Estes grupos están dirixidos tanto a persoas que saben falar galego pero non o usan de maneira habitual nas súas interaccións sociais como a persoas que se atopan nun proceso de adquisición da competencia oral e contan cunha boa capacidade de comprensión e de expresión básica. O obxectivo final é incrementar o uso da lingua galega nas relacións sociais cotiás, máis alá do propio ámbito do grupo de conversa.

A rede está aberta á participación de entidades da Administración pública local (a través dos servizos de normalización lingüística, bibliotecas municipais, OMIX...), así como entidades sociais, independentemente do seu ámbito de actuación.

Grupos de conversa por municipios

A CoruñaBiblioteca municipal do centro sociocultural Ágora
Arteixo

Asociación Xiradela

ArzúaServizo de Normalización Lingüística do Concello de Arzúa
Rúa Santiago, 2. 15810

Inscrición nas oficinas do SNL ou nos seguintes medios de contacto: 981 500 000 ext. 171 - normalizacionlinguistica@concellodearzua.com

BetanzosAsociación Lar de Unta
Boiro

Servizo de Educación e Normalización Lingüística do Concello de Boiro

Centro Social de Boiro
Rúa Manuel María, s/n. 15930
Inscrición nas oficinas do centro ou nos seguintes medios de contacto: 981848425 - educacion@boiro.gal

Carballo

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo

Ferrol

EDLG da EOI de Ferrol (Lucía Penabad)
Rúa Real, 29. 15402
Inscrición nos seguintes medios de contacto:
881938400  - 881938401 - 881938408 ou normalizacion@eoiferrol.org
https://forms.gle/XN47D9fan9d9gppQ

Narón

Biblioteca Pública Municipal de Narón
Rúa 25 de xullo, s/n. 15570
Inscrición nos seguintes medios de contacto: 981382173 - biblioteca.central@naron.gal

As Pontes de García Rodríguez

Biblioteca Enrique Rivera Rouco (Mercado municipal)

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 15320

Inscrición nos seguintes medios de contacto: 981102562 - biblioteca@aspontes.org