Na lingua con orgullo

#NaLinguaConOrgullo é a campaña coa que a Deputación da Coruña, a través da área de Lingua, debulla unha escolma dalgúns dos máis comúns prexuízos que obstaculizan o uso da lingua galega con normalidade na vida cotiá das persoas.
A través dunha guía en formato físico e dixital e dunha serie de vídeos descargables e partillables nas redes sociais, esta campaña quere "dar alento e contribuír a unha sociedade respectuosa e orgullosa da nosa cultura e protagonista na dinamización da nosa lingua".
#desmontandoprexuízos
É importante reflexionar sobre os prexuízos e obstáculos que impiden ás persoas usar a lingua natural de Galicia, o principal elemento definidor da nosa identidade.
O galego é lingua de creación literaria e de cultura. E tamén de educación e ciencia. O galego é innovación e modernidade: co galego conectamos o pasado co futuro.
O idioma está moi vivo. Con autoestima e con orgullo, a lingua é unha forza para gañar o futuro.
Hai un grande abano de canles integramente en galego tanto en Youtube como en TikTok ou outras redes, moi aplaudidas e que contan con milleiros de seguidoras e seguidores e moito éxito e relevancia. Hai milleiros de persoas agardando polo teu contido en galego na rede!
O notario negouse con vagas escusas técnicas. Carlos buscou outra notaría, onde lle redactaron todo en galego.
O galego é unha lingua plenamente válida e eficaz para formalizar calquera documento. Quen quixer pode solicitar que os seus documentos notariais se redacten en lingua galega. Se o fas, axudas a normalizar o uso do noso idioma.
Cando esta persoa tivo que trasladarse da vila á cidade para estudar outra especialidade de Bacharelato, non o dubidou: falar diante de persoas que non a coñecían de antes axudoulle a dar o paso. Agora fala galego sempre, tamén na súa propia vila.
Un día, un veciño chegado de Guinea Ecuatorial pediulle que lle falase galego porque necesitaba aprendelo por traballo e porque sentía estar máis integrado sendo capaz de introducir palabras galegas na conversa.
Cambiar de lingua en función da orixe ou dos trazos racializados dunha persoa é un prexuízo que crea barreiras innecesarias. Falarlle galego a quen acaba de chegar ao noso país é bo en prol da cohesión social e faille máis doada a adaptación.
Aprender galego é un problema e castelán non? Por que pensar iso? Son claros prexuízos a desbotar: os estudos demostran os efectos positivos da escolarización en varias linguas no desenvolvemento do alumnado. Por exemplo: reforza a capacidade de abstracción e favorece a adquisición de contidos relacionados coas matemáticas.
A realidade é que os modelos de ensino plurilingüe e atención a linguas minorizadas son desde hai décadas referencia
en todo o mundo. Así sucede en Finlandia ou Islandia (con altísima ratio de lectura por habitante).
Agora cavila pasar a usar o galego, pero non está segura de como percibirá o cambio a clientela.
A lingua galega é perfectamente válida para anunciar calquera tipo de produto ou servizo. E os datos dos estudos demostran que a cidadanía é ampla e maioritariamente favorable á publicidade en galego.
Alén do rico patrimonio cultural compartido, o vencello entre as dúas linguas abre a porta ao alumnado galego a grandes oportunidades de futuro. A lusofonía é un espazo económico vigoroso e en auxe: a sexta lingua máis falada do mundo.
A lingua con máis falantes nativos é o chinés mandarín. Deberíamos entón falar todos chinés? Nun mundo global é importante non caer na homoxeneización: a diversidade lingüística e o respecto por todas as linguas é un valor fundamental nun mundo globalizado.
Sabías que mesmo unha decena de homes e mulleres doutoras e enxeñeiras galegas vencelladas ao CERN, un dos máis prestixiosos centros de investigación no mundo, rexeitou con contundencia ese tipo de afirmacións? "Adoitamos ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego", subliñaron.
Dille a Denís que vai levar unha sorpresa coa cantidade de xente, tamén castelán falante, que atopa atractivo que lle falen en galego. A súa aposta polo galego demostrará autenticidade, autoestima, seguridade e confianza propia. Moitos puntos extra!
Lémbralle a Elisa que ten todo o dereito a expresarse en galego. E seguro que o docente, aínda non falando galego, ten unha percepción positiva respecto do galego. Ademais, a súa iniciativa ao facelo pode animar ao resto das compañeiras e compañeiros a dar o mesmo paso!
Alguén dixo ao principio que había "xente de fóra" e mesmo as persoas galegofalantes renunciaron a usar o galego.
Seguro que esa "xente de fóra" está desexando ser "menos de fóra". E mergullárense no galego é unha oportunidade perfecta e que paga a pena para a integración. Sara comprobou axiña como lles encanta que os feliciten polo seu afán para comunicárense en galego!
Explícalles que ninguén perdeu clientes polo galego. Ao contrario, os estudos demostran que os negocios que usan o galego teñen plus de simpatía entre a cidadanía. De feito, moitas exitosas campañas publicitarias demostraron que o galego 'viraliza' positivamente na rede e conecta coas persoas, independentemente do idioma que usen habitualmente.
A rapaza cóntao na casa e súa nai e seu pai coméntano con outras familias. Despois de se asesoraren, explícanlle ao alumnado que, independentemente da lingua na que se imparta a materia, teñen dereito a empregar a súa lingua con orgullo. Entre todas conseguen que o galego non estea á marxe do ensino tecnolóxico!
Teñen un borrador de guión en galego... pero hai quen lles di que iso é poñerlle cancelas ao proxecto.
Hai exemplos de series escritas e rodadas en galego con grande éxito tamén alén das nosas fronteiras. A nosa lingua non foi impedimento para que a serie O sabor das margaridas triunfase en todo o mundo e a película O que arde recibise premios internacionais de prestixio.
O Carballo Interplay é exemplo de escaparate do talento dixital e audiovisual galego: o teu proxecto pode estar aí na próxima edición!
Explícalle a Alicia que aprender galego non é renunciar ao seu castelán nativo. O galego non só lle abre novas oportunidades persoais e profesionais. Tamén lle abre a porta a toda unha rica cultura chea de ofertas de lecer das que gozar por exemplo no eido dos libros, o audiovisual ou a música.
O prexuízo anterior serviría para criticar calquera outro idioma. A realidade é que toda lingua estandarizada é unha construción ideal. Que haxa un modelo elaborado ao que se chegou co consenso dos expertos é útil e positivo, e non é escusa para non falar unha lingua.
Falar unha lingua, ao igual que a defensa da diversidade cultural, da riqueza lingüística dos pobos e do dereito á identidade, é un valor universal ao que todas as persoas son benvidas, independentemente da formación política coa que máis simpaticen. E o normal é que unha forza política galega defenda a nosa lingua!

Vídeos da campaña