O galego e as redes sociais

Este programa dirixido aos centros escolares da provincia ten como obxectivos principais fomentar o uso da lingua galega no ámbito dixital e promover a creación de contidos en galego nas redes sociais entre a mocidade.
A Deputación da Coruña, a través da súa área de Lingua, colabora nesta campaña de dinamización lingüística con Borxa González (Orgullo Galego) para lle achegar a lingua galega á mocidade a través das canles e ferramentas propias do ecosistema dixital. Nesta edición de 2026, incorpora a música como elemento central para visibilizar a infinidade de bandas e propostas musicais exitosas en galego presentes nas plataformas.
| CENTRO EDUCATIVO | DATA |
| IES Porto do Son | 02/02/2026 |
| IES Pintor Urbano Lugrís (Malpica) | 19/02/2026 |
| CEIP Oroso | 04/03/2026 |
| IES de Arzúa | 04/03/2026 |
| IES Monte Neme (Carballo) | 23/03/2026 |
| IES Virxedomar (Noia) | 23/03/2026 |
| IES Terra de Xallas (Santa Comba) | 24/03/2026 |
| CPI Bembibre (Val do Dubra) | 24/03/2026 |
| IES Xulián Magariños (Negreira) | 25/03/2026 |
| CPI A Baña | 25/03/2026 |
| CPI O Cruce (Cerceda) | 26/03/2026 |
| IES Isidro Parga Pondal (Carballo) | 27/03/2026 |
| IES Alfredo Brañas (Carballo) | 27/03/2026 |
| IES Número 1 de Ribeira | 07/04/2026 |
| IES Leliadoura (Ribeira) | 13/04/2026 |
| IES Praia Baraña (Boiro) | 13/04/2026 |
| IES Felix Muriel (Rianxo) | 14/04/2026 |
| IES Breamo (Pontedeume) | 15/04/2026 |
| IES Ricardo Carvalho Calero (Ferrol) | 15/04/2026 |
| IES Campo San Alberto (Noia) | 16/04/2026 |
| IES A Cachada (Boiro) | 17/04/2026 |
| CPI Armando Cotarelo (Boimorto) | 22/04/2026 |
