Estás en:Lingua Formación en normalización lingüística Encontro de profesionais de normalización lingüística no eido local II Encontro de profesionais de normalización lingüística no eido local (2026)

II Encontro de profesionais de normalización lingüística no eido local (2026)


CABECEIRA MOBIL@2x-8.png

A Sección de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña organizou o 4 de xuño de 2026 este espazo de encontro, cohesión e inspiración para o persoal técnico de normalización lingüística nos concellos da provincia da Coruña, financiado ao abeiro da súa convocatoria de subvencións no Pazo de Mariñán, en Bergondo.


Obxectivos xerais

  • Facilitar un diálogo de calidade no que indagar colectivamente sobre as posibilidades da figura do persoal técnico de normalización lingüística para a activación de falantes nas infancias e adolescencias.
  • Dar a coñecer accións de activación de falantes nas infancias e adolescencias e experiencias replicables ou das que tirar aprendizaxes para outros contextos, que inspiren á acción do traballo do persoal de NL da administración local.
  • Xerar un espazo de coñecemento mutuo e cohesión entre profesionais do eido da normalización lingüística na provincia e visibilizar a Deputación da Coruña como institución que traballa pola innovación nas políticas públicas en materia de normalización lingüística.

Programa

10.00 hRecepción de participantes, presentación e apertura institucionalSol Agra, deputada de Lingua
10.15 hTecer redes desde a lingua. Un marco teórico sobre identidade lingüística e cultural nas infancias e adolescenciasNatalia Cea
11.00 h Retos e oportunidades para a lingua. Mesa redonda de experiencias inspiradoras (Vídeo)Gabino S. Vázquez Grandío, de Modo Galego, Marcos Abalde Covelo, de Brincarmos, e Oskar Bikuña, de HIGA
12.00 hDescanso
12.30 hRetos e oportunidades para a lingua II. Coloquio facilitado ao redor das experiencias da mesa redonda
13.15 hDiálogo aberto coa Deputación

Presentación de proxectos das áreas de Lingua e Cultura da Deputación da Coruña:

14.00 hXantar
16.00 hTraballando coa lingua. Espazo participativo prototipado de propostas para a intervención con infancias e adolescenciasRexenerando S. Coop. Galega 
18.00_hPeche e despedida