Estás en:Lingua Apoio a outras iniciativas

Apoio a outras iniciativas

A liña do galego.png

A liña do galego é un servizo gratuíto ofrecido pola asociación A Mesa pola Normalización Lingüística e financiado no 80% pola área de Lingua da Deputación da Coruña a través dun convenio nominativo. Este servizo, dirixido a toda a poboación, tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc, que vulneran os dereitos lingüísticos; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en galego a través dunha app para o móbil (dispoñible en Google Play).

Correlingua.png

Correlingua é unha iniciativa de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que desde 2001 convida a mocidade, alumnado e centros de ensino de diferentes niveis a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego. O programa esténdese ao longo de todo o ano con actividades que teñen por obxecto traballar sobre a lingua e contribuír á sensibilización co idioma, dándolle protagonismo ao alumnado na preparación de contidos. A área de Lingua da Deputación da Coruña participa da iniciativa co financiamento do 55% do orzamento a través dun convenio nominativo.

Festival Aquí tamén se fala.png

O multipremiado proxecto de dinamización lingüística dirixido á mocidade Aquí tamén se fala, promovido polo IES Rafael Dieste da Coruña, impulsa o Festival Aquí tamén se fala no que a área de Lingua da Deputación da Coruña participou en 2025 coa achega económica de 18.000 €. 

Regueibertso.png

O Regueibertso é un programa da Deputación da Coruña e o proxecto Regueifesta, colectivo educativo da Asociación ORAL de Regueifa, que consiste nun intercambio entre regueifeiras galegas e bertsolaris do País Vasco para pór en valor a improvisación oral, a lingua propia e a diversidade cultural e lingüística.

2025 Regueibertso e Regueifesta