EbibliodaCoruna Club Lector: Yoga
Estaremos lendo o libro "Yoga" de Emmanuel Carrère, o Premio Princesa de Asturias das Letras 2021, no club "Compartiendo lecturas", entre o 1 e o 25 de outubro. Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ). Desde o propio club podes tomar en préstamo o libro (a partir do día que comeza a lectura, o 1 de outubro) e comentar, citar, chatear co resto de participantes... guiado por unha profesional con moitos anos de experiencia.
Como di Manuel Rivas na benvida que nos dedicou, compartir os libros é compartir os soños.
Non é preciso inscrición previa no club para poder participar. Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.
Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.