Estás en:Novas

Información inscrición cursos de inglés

Información inscrición cursos de inglés Sesións presenciais que comezan o 4 de outubro de 2021 Impartidos por Elisabeth Hamer  PRAZAS: 15  persoas en cada curso   Para poder realizar a inscrición e cubrir o formulario web  é preciso ter o número de carné da biblioteca á man.  Se non eres socio/a date de alta canto antes na biblioteca ou na web.  Info dos cursos de inglés en: https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/cursos-gratuitos-de-ingles-2021/ INSCRICIÓN NOS CURSOS DE INGLÉS Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premer en Inscrición no Curso de inglés e elixir o nivel correspondente, día e hora. A páxina para inscribirse nas actividades activarase o día 23 de setembro ás 10:30 h. Continuará aberta ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda. Resérvanse prazas (5 por curso) para facer a inscrición por teléfono chamando o día 23 de setembro ao 981 080 171, en horario de 10:30 a 12:30 h (para as persoas que non dispoñen de medios electrónicos) Pasados uns días, as persoas que se inscribiron na web e obtiveron a praza, comunicaráselles por correo electrónico a súa admisión. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas. Reservarase unha praza por persoa. Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.info@dacoruna.gal. A Biblioteca adoptará todas as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Con esta finalidade poderán ser obxecto de modificación en función da evolución da situación sanitaria. Así mesmo, a Biblioteca esixirá a todos os asistentes o cumprimento das normas establecidas.