Curso de inglés nivel básico (tardes)
Para aquelas persoas que non teñen ningún coñecemento de inglés ou o estudaron hai moito tempo.
Os martes de 17:30 a 18:45 h.
Impartidos por Elisabeth Hamer.
Comeza o 5 de outubro.
Inscrición: a partir do 23 de setembro ás 10:30 h na web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo en Inscrición no curso de inglés (é preciso ter o carné da biblioteca á man, e a páxina non funcionará ata o momento en que comece a inscrición).
Información: Cursos de inglés outono 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña