Estás en:Novas

Inscrición no Club de lectura poética: paradigmas da modernidade, século XX

Inscrición no Club de lectura poética: paradigmas da modernidade, século XX Club de lectura poética impartido por Xoán Abeleira. 12 sesións Datas: os xoves de outubo, novembro e decembro Horario: de 19:00 a 20:30 h Prazas: 15 persoas Data de comezo: 7 de outubro INSCRICIÓN NO CLUB DE LECTURA POÉTICA: Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo enInscrición no taller de Lectura Poética (é necesario ter o carné da biblioteca a man). A páxina para inscribirse ás actividades activarase o día 30 de setembro ás 10:30 h. Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda. Reservaranse prazas (5 prazas) para facer a inscrición por teléfono chamando o 30 de setembro ao 981 080 171, en horario de 10:30 a 12:30 h (para as persoas que non dispoñen de medios electrónicos). Nuns días, ás persoas que obtivesen a praza, comunicaráselles por correo electrónico. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.   Comunicamos que a Biblioteca adoptará todas as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Con esta finalidade poderán ser obxecto de modificación en función da evolución da situación sanitaria. Así mesmo, a Biblioteca esixirá a todas as persoas que asistan o cumprimento das normas establecidas.   Teléfono Biblioteca Infantil e Xuvenil: 981 080 171 Teléfono Información: 981 080 176 Correo: biblioteca.info@dacoruna.gal