Estás en:Novas

A Deputación da Coruña inviste 3,6 millóns de euros na creación de emprego nos 93 concellos da provincia

Valentín González Formoso destacou o "carácter social" do programa PEL-Concellos que, prima a contratación de persoas con especiais dificultades de inserción laboral
PEL-Concellos creou 593 empregos en 2021 e máis de 3.000 desde a súa creación en 2016
Todos os concellos da provincia recibirán fondos para crear emprego, incluíndo por primeira vez aos municipios con máis de 20.000 habitantes

A Deputación da Coruña inviste 3,6 millóns de euros na creación de emprego nos 93 concellos da provincia

A Deputación da Coruña inviste este ano 3,6 millóns de euros para crear emprego nos 93 concellos da provincia. Faino a través dunha nova convocatoria do programa PEL-Concellos, unha das liñas do seu consolidado Plan de Emprego Local (PEL), que este ano destinará máis de 8 millóns de euros á creación de emprego tanto no sector público coma no privado.

A achega permitirá que os 93 Concellos coruñeses poidan contratar durante un ano a persoas desempregadas para a prestación de servizos municipais tan imprescindibles como a limpeza viaria, mantemento da iluminación pública, recollida e tratamento de residuos, abastecemento de auga potable e redes de sumidoiros, melloras nos accesos aos núcleos de poboación, pavimentación das vías públicas, mantemento de parques e xardíns, protección da salubridade pública ou mantemento e vixilancia dos centros públicos de ensino, entre outros.

PEL, o maior programa de emprego local en Galicia

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou o PEL "é o maior programa de emprego impulsado por unha administración local en Galicia" e subliñou o "carácter social" desta liña do PEL para concellos, que "ofrece unha oportunidade laboral a centos de persoas con especiais dificultades para atopar un emprego nun contexto social e económico tan difícil coma o actual".

O presidente sostivo que a creación de emprego e a protección social dos colectivos máis desfavorecidos son os dous obxectivos principais do Goberno provincial neste 2022, co obxectivo de "impulsar a recuperación económica de forma xusta, apoiando aos colectivos que máis o necesitan".

O ano pasado, PEL-Concellos permitiu crear 593 empregos e deu unha oportunidade laboral a máis de 3.000 persoas desde a súa creación en 2016.

O PEL-Concellos chega aos 93 municipios da provincia

Nas anteriores edicións do programa, só se incluían os municipios con poboación inferior a 20.000 habitantes. Unha condición que agora se elimina para pasar dos 82 Concellos beneficiarios aos 93, a totalidade da provincia, e ofrecer o maior número de oportunidades laborais posibles no territorio coruñés.

González Formoso sinalou que "a vontade da Deputación é aliviar a carga económica que están a sufrir todos os concellos por mor da crise derivada da pandemia, que minguou os seus recursos económicos". Deste xeito, preténdese ofrecer apoio a todos eles ante as manifestas necesidades "que debemos atender da forma máis inmediata e eficiente posible, para garantir a seguridade e saúde da cidadanía e a mellora dos servizos municipais"

O presidente provincial destacou ademais que se prestará especial atención aos concellos máis pequenos, con menores recursos, concedéndolles axudas maiores en proporción ás súas taxas de desemprego.

Os Concellos recibirán entre 19.000 e 75.000 euros

O importe a recibir por cada Concello con menos de 50.000 habitantes varía en función da porcentaxe resultante de dividir o número de persoas desempregadas entre o número total de persoas desempregadas nos concellos de menos de 50.000 habitantes, oscilando as cifras entre os 19.000 e os 52.000 euros.

Pola súa banda, os concellos da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela optarán a unha contía única de 75.000 euros para contratar persoal.

As administracións locais poderán destinar as subvencións a financiar os custos salariais e de Seguridade Social derivados da contratación do novo persoal, ademais das indemnizacións de fin de contrato e os cursos de formación en materia de riscos laborais que deban realizar as persoas contratadas segundo a lexislación laboral vixente.

As e os operarios terán unha xornada mínima semanal de 25 horas e realizarán labores relacionados co desenvolvemento de servizos municipais imprescindibles. Os Concellos deberán ter en conta á hora de levar a cabo os contratos que estes deben adaptarse ao establecido pola reforma laboral e que pasarán a rexerse polo Real Decreto-Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.

As persoas con maior dificultade para atopar traballo serán a prioridade

Á hora de seleccionar o persoal, a Deputación aplicará criterios sociais e dará prioridade á inserción de persoas que pertenzan a colectivos con maiores dificultades para acceder a un posto de traballo.

Así pois, beneficiarase a persoas maiores de 45 anos, desempregadas de longa duración, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, pertencentes a fogares con todos os seus membros sen emprego, vítimas de violencia de xénero, en risco de exclusión laboral ou mulleres. Ademais, dentro destes colectivos, os Concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

O prazo para que os concellos podan as súas solicitudes abrirase a vindeira semana coa publicación destas axudas na Base Nacional de Subvencións.

As bases reguladoras poden consultarse na seguinte ligazón: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/01/27/2022_0000000381.html

Importes a conceder PEL-CONCELLOS

 

COMARCA DO BARBANZA

464.000,00 €

Boiro

52.000,00 €

Carnota

34.000,00 €

Lousame

28.000,00 €

Mazaricos

28.000,00 €

Muros

46.000,00 €

Noia

49.000,00 €

Outes

37.000,00 €

Pobra do Caramiñal, A

46.000,00 €

Porto do Son

43.000,00 €

Ribeira

52.000,00 €

Rianxo

49.000,00 €

 

 

 

 

COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

637.000,00 €

Cabana de Bergantiños

37.000,00 €

Camariñas

40.000,00 €

Carballo

52.000,00 €

Cee

49.000,00 €

Cerceda

34.000,00 €

Corcubión

28.000,00 €

Coristanco

46.000,00 €

Dumbría

34.000,00 €

Fisterra

40.000,00 €

Laracha (A)

49.000,00 €

Laxe

34.000,00 €

Malpica de Bergantiños

40.000,00 €

Muxía

37.000,00 €

Ponteceso

40.000,00 €

Vimianzo

43.000,00 €

Zas

34.000,00 €

 

 

 

 

COMARCA DE CORUÑA-BETANZOS

772.000,00 €

Abegondo

37.000,00 €

Aranga

22.000,00 €

Arteixo

52.000,00 €

Bergondo

43.000,00 €

Betanzos

52.000,00 €

Cambre

52.000,00 €

Carral

40.000,00 €

Coirós

25.000,00 €

Coruña (A)

75.000,00 €

Culleredo

52.000,00 €

Curtis

31.000,00 €

Irixoa

22.000,00 €

Mesía

25.000,00 €

Miño

43.000,00 €

Oleiros

52.000,00 €

Oza-Cesuras

31.000,00 €

Paderne

25.000,00 €

Sada

52.000,00 €

Sobrado

22.000,00 €

Vilasantar

19.000,00 €

COMARCA DE FERROL, EUME E ORTEGAL

788.000,00 €

Ares

43.000,00 €

Cabanas

31.000,00 €

Capela (A)

25.000,00 €

Cariño

31.000,00 €

Cedeira

43.000,00 €

Cerdido

25.000,00 €

Fene

52.000,00 €

Ferrol

75.000,00 €

Mañón

25.000,00 €

Moeche

22.000,00 €

Monfero

22.000,00 €

Mugardos

43.000,00 €

Narón

52.000,00 €

Neda

40.000,00 €

Ortigueira

40.000,00 €

Pontedeume

46.000,00 €

Pontes (As)

46.000,00 €

San Sadurniño

31.000,00 €

Somozas (As)

28.000,00 €

Valdoviño

46.000,00 €

Vilarmaior

22.000,00 €

 

 

 

 

COMARCA DE SANTIAGO

945.000,00 €

Ames

52.000,00 €

Arzúa

37.000,00 €

Baña (A)

31.000,00 €

Boimorto

25.000,00 €

Boqueixón

31.000,00 €

Brión

43.000,00 €

Dodro

31.000,00 €

Frades

25.000,00 €

Melide

46.000,00 €

Negreira

46.000,00 €

Ordes

52.000,00 €

Oroso

46.000,00 €

Padrón

46.000,00 €

Pino (O)

31.000,00 €

Rois

34.000,00 €

Santa Comba

49.000,00 €

Santiago de Compostela

75.000,00 €

Santiso

25.000,00 €

Teo

52.000,00 €

Toques

19.000,00 €

Tordoia

28.000,00 €

Touro

31.000,00 €

Trazo

28.000,00 €

Val do Dubra

31.000,00 €

Vedra

31.000,00 €

TOTAL PROVINCIA

3.606.000,00 €