Estás en:Novas

Un centenar de nenos e nenas da comarca da Coruña participan en Asturias na campaña de Esquí da Deputación

Cen escolares dos concellos de Arteixo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo e Sada participan estes días nesta iniciativa provincial

A área de Deportes busca con esta proposta que a rapazada "poida iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades no esquí, ao mesmo tempo que participan noutras actividades deportivas e culturais", argumenta Cristina Capelán

Un centenar de nenos e nenas da comarca da Coruña participan en Asturias na campaña de Esquí da Deputación

A Deputación da Coruña continúa desenvolvendo a súa Campaña de Esquí 2022. Nesta fin de semana un centenar de nenos e nenas de Arteixo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo e Sada están a visitar a estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).

Esta é a cuarta expedición á neve, dentro da campaña provincial, e nela participan mozos e mozas de 11 a 15 anos de idade da comarca da Coruña. "Con esta proposta pretendemos que a rapazada da provincia da Coruña poida iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades no esquí con monitores profesionais, ao mesmo tempo que participan noutras iniciativas deportivas e culturais organizadas de xeito complementario", indicou a deputada de Deportes, Cristina Capelán.

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza ata o 21 de febreiro de 2022, diversas viaxes á estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para impulsar a práctica do esquí entre a mocidade de 11 a 15 anos de idade dos municipios coruñeses.

Este ano participarán un total de 600 nenas e nenos da provincia, cen máis que na anterior edición.