Acordo Lei Estabilización
O persoal interino que leve ocupando ininterrompidamente o seu posto dende o 1 de xaneiro de 2016 poderán estabilizar só con concurso
Aínda que, como ben sabedes, a práctica sindical de CCOO en relación cos procesos de estabilización é a de contactar e comunicar directamente con cada unha das persoas involucradas, nesta ocasión dada a transcendencia do acordo xurdido como consecuencia da comisión celebrada hoxe, xoves 11 de novembro de 2021, consideramos necesario realizar un comunicado xeral a todo o persoal ao igual que fixemos co acordo da Mesa Xeral de Negociación dos Empregados Públicos que derivou na aprobación do RD. de redución da temporalidade.
PSOE, UP, ER E PNV acordan emendas transacionais a raíz da ponencia da Comisión de Facenda e Función Pública sobre o proxecto de lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Trátase dunha importante mellora ao Real Decreto-lei 14/2021, de 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, en canto as condicións de acceso á función pública do persoal interino de longa duración a través dos procesos de estabilización.
O persoal interino que leve ocupando ininterrompidamente o seu posto dende o 1 de xaneiro de 2016 poderán estabilizar só con concurso. Sempre que se aproben as ditas emendas transacionais maioritarias e que a praza que ocupe o persoal interino estea considerada como estrutural tal e como establece o artigo 2.1 do proxecto de lei que traslada o contido do RD. Esta medida recollerase na Disposición adicional VI.
A dita emenda, que suma 174 escanos e tan só necesita dous máis para acadar a maioría absoluta e asegurar a súa tramitación como lei, tamén establece que para o resto de procesos de estabilización que sexan por concurso-oposición, a fase de oposición non será eliminatoria. Trátase dunha emenda ao artigo 2.4.
CCOO traballará, como sempre o fixo, para acadar que os procesos de estabilización desenvólvanse do xeito máis favorable para o persoal interino de longa duración na Deputación. Como por exemplo tratando de adaptar os méritos por tempo traballado á nova situación nos procesos que sexan por concurso-oposición.
Por outra banda, este acordo tamén emenda os prazos recollidos no artigo 2.2, establecendo os seguintes:
- Data máxima de publicación das Ofertas Públicas de Emprego de Estabilización 1 de xuño de 2022
- Os procesos de estabilización deberán convocarse antes do 31 de decembro de 2022
- Os procesos deben quedar resoltos antes do 31 de decembro de 2024