Estás en:Novas

Axudas da Xunta de Galicia para a conciliación da vida familiar e laboral

Axudas da Xunta de Galicia para a conciliación da vida familiar e laboral

Estimados compañeiros e compañeiras, informámosvos sobre a convocatoria de axudas da Xunta á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade por redución de xornada para o coidado de fillos e fillas segundo recolle a Resolución publicada no DOG de 2 de xullo de 2021 que ten prazo de presentación de solicitudes ata o 2 de agosto.

RESUMEN
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria, no caso de unidades familiares non monoparentais, co obxectivo de fomentar a corresponsabilidade, os homes que se acollan á redución de xornada laboral para o coidado de fillas e fillos; no caso de unidades familiares monoparentais, a persoa, home ou muller, que se acolla á redución de xornada laboral para o coidado de fillas e fillos, en ambos casos segundo o establecido no artigo 6, e para o período comprendido entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021, ambos os dous inclusive .
Deberán cumprir os requisitos do artigo 5.2, entre os que está que os ingresos da unidade familiar non poderán ser superiores a 52.637,13 € (7 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) para o ano 2020. (IPREM 2020 anual para 14 pagas, 7.519,59 €).
As axudas concederanse por orde de puntuación segundo os criterios e pautas de valoración previstos no artigo 16 da resolución ata esgotar o crédito dispoñible.
A contía das axudas vai dos 1.700 euros aos 3.700 euros, para períodos de 8 meses (tempo máximo subvencionado), variando en función da porcentaxe de redución de xornada e do número de fillos, e se rateará en relación o tempo de duración da mesma.
Enlace ao DOG